A materia de “Tecnoloxías aplicadas á composición” constitúe unha aproximación ás técnicas compositivas que utilizan a informática na creación musical e ofrece, ao mesmo tempo, unha excelente oportunidade para presentar ao alumnado as principais correntes estéticas, así como autores e obras máis significativas relativas á músicaelectroacústica que existiron desde os inicios do século XX ata os nosos días; coñecementos imprescindibles para a formación integral do futuro compositor/a.