Práctica da interpretación musical en grupo e en diferentes formacións. Coñecemento do repertorio de cámara do seu propio ámbito e práctica interpretativa en formacións diversas. Desenvolvemento de hábitos e técnicas de ensaio. Cooperación no establecemento de criterios interpretativos, compenetración e traballo colectivo. Práctica de lectura a primeira vista. Concepción e desenvolvemento de proxectos musicais colectivos.