Ir ao contido principal
Requisitos do completado

1.8. Como usar o editor de texto de Moodle

O editor de texto proporciona unha interface similar á dun procesador de textos para escribir unhas liñas ou introducir outros elementos (imaxes, vídeo, ligazóns, táboas, fórmulas matemáticas...) que queiramos empregar nos contidos, actividades ou en calquera espazo no que Moodle o permita, por exemplo nun formulario, nunha mensaxe dun foro etc.

Podemos ter varios editores instalados na nosa aula virtual, e seleccionalos en función das necesidades de edición (algúns incorporan a posibilidade de gravación de vídeo, audio ou outras funcións).

Como seleccionar o editor?

1. Imos á nosa área persoal e accedemos a preferencias:

Imaxe 1.8.1 Preferencias do perfil

2. No apartado conta de usuario imos a preferencias do editor.

3. No despregable aparecen as catro opcións coas que contamos nas aulas virtuais dos centros galegos: predeterminado (o que vén por defecto na nosa aula virtual), HTML AttoTinyMCE e Área de texto simple.

Imaxe 1.8.2 Preferencias do editor

Características do editor de texto TinyMCE

Imos ver as características deste editor, que é o que resulta máis axeitado para a maioría dos casos, xa que ten unha ampla variedade de funcións.

O editor aparece de dúas formas: reducido ou expandido. Por defecto aparece reducido mostrando unha primeira fila de iconas coas que se posibilita o acceso ás funcións máis comúns. Para acceder a tódalas iconas e polo tanto a tódalas funcionalidades do editor hai que premer na primeira icona.

Imaxe 1.8.3 Características do editor de texto TinyMCE

Premendo na icona destacada na imaxe teremos acceso a tódalas funcións do editor de texto.

Imaxe 1.8.4 Funcións do editor de texto TinyMCE

O seu uso é similar ao doutros editores de texto. Na seguinte táboa explícase o significado de cada unha das iconas e funcionalidades dispoñibles no editor de texto, na súa versión estendida.

Iconas do editor de texto
IconaDescrición
Icona ToogleBarra Toogle = Expande ou contrae as barras de ferramentas con tódalas iconas de funcionalidades dispoñibles
Icona negrita + cursivaEstilo de texto 1: grosa, 2: cursiva
Icona viñetas + lista numeradaLista = 1: Lista con viñetas, 2: Lista numerada
Ligazóns, engadir - quitar - impedirLigazóns = 1: Engadir ligazón, 2: Quitar ligazón, 3: Impedir ligazón automática
Multimedia = 1: Inserir ou editar unha imaxe, 2: Inserir media Moodle, 3: Xestionar ficheiros incrustados, 4: Inserir gravación de audio, 5: Inserir gravación de vídeo 
Icona desfacer - Refacer1: Desfacer, 2: Refacer
Iconas subliñado, riscado, subíndice, superíndice1: Subliñado, 2: Riscado, 3: Subíndice, 4: Superíndice
Aliñación do textoAliñación do texto = 1: Esquerda, 2: Centrado, 3: Dereita, 4: Xustificado
SangríaSangría = 1: Diminuír sangría, 2: Aumentar sangría
Cor do texto e cor de fondoSeleccionar a cor = 1: Cor do texto, 2: Cor de fondo
Marcas de párrafoMarcas de parágrafo = 1: Marca esquerda de parágrafo, 2: Marca dereita de parágrafo
Editor CLOZEEditor CLOZE = Ferramenta que dá acceso a unha interface que axuda a crear preguntas de encher ocos na sintaxe correcta
Icona editar código1: Editar código HTML, 2: Buscar, 3: Buscar e substituír
Inserir caracter e táboa1: Inserir un espazo irrompible, 2: Inserir carácter especial, 3: Inserir ou editar unha táboa
Limpar codigo lixo1: Limpar código lixo, 2: Retirar o formatado, 3: Pegar como texto simple, 4: Pegar desde Word
1: Alternar pantalla completa
Última modificación: Venres, 13 de Novembro de 2020, 23:50

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2020, 12:29 AM