1.7. Para que serve o modo edición

Para que serve?

O modo edición permite engadir e modificar o contido (Recursos e Actividades) dun curso. Só dispoñen desta posibilidade as persoas usuarias con perfil de Profesor ou de Editor de contidos nese curso.

Como se activa?

Na esquina superior dereita da pantalla, atópase o botón Activar a edición. Pulsando sobre este botón, o profesorado pasará a dispoñer dun conxunto de novas opcións. Tamén é posible pasar ao modo edición pulsando na ligazón Activar a edición do bloque Administración.

Unha vez activada a edición móstrase xunto a cada recurso do curso a opción de cambiar o seu nome e un despregable Editar co resto de opcións de edición e outras iconas similares repartidas pola pantalla.

Realizados os cambios no curso pódese saír do Modo edición pulsando o botón ou ligazón Desactivar a edición situado no mesmo lugar que aparecía antes Activar a edición.

Activar edición
Imaxe 1.7.1 Menú e botón para Activar a edición

Como funciona?

Modo edición caracterízase por amosar un conxunto de iconas no curso que permitirán ao profesorado interactuar cos contidos existentes. As iconas repítense en moitos dos elementos que compoñen un curso facilitando o seu manexo e converténdoo en máis intuitivo.

A seguinte táboa describe o funcionamento das iconas segundo o elemento sobre o que actúan.

Que efecto produce?
 Sobre un recurso ou actividadeSobre un bloqueSobre un tema ou sección
Editar nomeCambia o nome do elemento
Dereita EsquerdaDespraza o elemento á esquerda ou dereita
MoverMover a calquera sitio da estrutura de temasMover a calquera sitio de algunha das dúas columnasCambia a orde na estrutura de temas
Editar propiedadesEditar, accedendo ao formulario de configuraciónEditar as propiedades accedendo ao seu formulario de configuraciónEngadir texto, imaxes e outros elementos ao principio do tema
DuplicarDuplicar, situando o novo debaixo do orixinal
EliminarEliminarEliminar. O bloque eliminado poderá volver engadirse desde o bloque Engadir un bloque
VisibleElemento "visible" para os alumnos; pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "invisible" para os alumnosElemento "visible" para os alumnos; pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "invisible" para os alumnosElemento "visible" para os alumnos; pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "invisible" para os alumnos
InvisibleElemento "invisible" para os alumnos; pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "visible" para os alumnosElemento "invisible" para os alumnos; pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "visible" para os alumnosElemento "invisible" para os alumnos; pulsando sobre a icona, o elemento cambiará a "visible" para os alumnos
Asignar rolAsignar un rol a unha persoa usuaria, unicamente para ese recurso ou actividadeAsignar un rol a unha persoa usuaria, unicamente para ese bloque
DestacarMarca ou destaca de maneira visual o tema activo
Engadir maisEngade un tema novo no esquema do curso
Elimina un temaElimina o último tema do esquema do curso
Acoplar bloqueAcopla o bloque na marxe esquerda da pantalla
Desacoplar bloqueDesacopla o bloque da marxe esquerda da pantalla

Ademais das iconas mencionadas, o Modo edición mostra ao pé de cada unha das seccións ou temas do curso a ligazón Engadir unha actividade ou recurso, que facilita ferramentas para a incorporación de actividades e contidos.

As actividades son ferramentas para a interacción con e entre o alumnado, por exemplo: Foros, Cuestionarios, Wikis... Por outro lado, hai diferentes maneiras de crear contidos con Moodle ou de enlazar contidos previamente creados: Ficheiro, Cartafol, Etiqueta, Páxina, URL e Paquete de contido IMS.


Última modificación: luns, 21 de decembro de 2020, 12:28 AM