1.4. Onde se gardan os meus ficheiros e como os xestiono

Como norma xeral, os ficheiros gárdanse e xestiónanse en cada recurso ou actividade do curso. Por exemplo, un ficheiro que subamos nunha determinada tarefa como profesor ou profesora, só estará accesible para os participantes que teñan os permisos adecuados para acceder a dita tarefa.

Ademais, tódolos usuarios e tódalas usuarias dispoñen dunha carpeta de ficheiros privada co nome de Ficheiros privados do usuario á que poden acceder dende o Menú de usuario -> A miña área persoal.

Imaxe 1.4.1 Ficheiros privados do usuario

Contamos tamén cos Portafolios e os Repositorios. Os repositorios permiten incorporar ficheiros dende o ordenador ou dende outro lugar do propio curso, mentres que os portafolios permiten exportalos dende Moodle a outros lugares externos ou aplicacións web externas. Para xestionalos basta premer en Xestionar ficheiros privados... dentro do bloque Ficheiros privados do usuario citado anteriormente. Unha vez premamos móstrasenos o seguinte menú:

Botón Engadir
Imaxe 1.4.2 Botón Engadir...

A xestión de ficheiros faise dende cada recurso ou actividade e engádense neles utilizando o selector de ficheiros. Esta xanela aparecerá sempre que se desexe incluír un ficheiro despois de pulsar o botón Engadir... [ Engadir... ].

Tamén é posible engadir ficheiros a Moodle coa utilidade Arrastrar e soltar.

Imaxe 1.4.3 Selector de ficheiros

Onde se gardan os ficheiros dun curso?

Os ficheiros subidos gárdanse como ficheiros locais (ficheiros do servidor), dentro do cartafol do recurso ou actividade do curso onde se engadiu e se se desexa modificar haberá que facelo dende ese mesmo recurso ou actividade. Para atopar un ficheiro subido previamente, deberá usarse o Selector de ficheiros, que nos permite ver todo dende a mesma ventá. Para poder atopar un ficheiro o selector amosará o seguinte:

  • Ficheiros recentes. Amosará os derradeiros 50 ficheiros subidos pola persoa usuaria.
  • Ficheiros do servidor (ficheiros locais). Permite navegar entre tódolos ficheiros de tódolos cursos aos que se ten acceso.
  • Ficheiros privados. Contén os ficheiros subidos a esa carpeta persoal.
Imaxe 1.4.4 Visualización dos ficheiros

No selector de ficheiros, os cartafoles e documentos pódense amosar de 3 formas, seleccionando as iconas da esquina superior dereita: cartafoleslista e árbore.

Para navegar por este sistema de ficheiros locais (ficheiros do servidor), pulsaremos sobre a palabra Sistema, onde se amosará un cartafol por curso e dentro de cada cartafol, outro cartafol por cada recurso ou actividade que teña algún ficheiro.

Estes cartafoles terán un nome (o do recurso ou actividade) e irán acompañados, entre parénteses, dun descritor que indicará o tipo de recurso ou actividade, por exemplo, FicheiroCartafol ou Foro (no caso de estar adxunto a unha mensaxe) etc.

Ao acceder aos axustes dun recurso ou actividade que posúe un ou máis ficheiros, no apartado contido, poderán xestionarse ditos ficheiros pulsando sobre a icona correspondente. Se se engade un novo ficheiro co mesmo nome doutro que xa existe, poderase sobrescribir ou crear un novo con outro nome.

As operacións que se poden facer sobre un ficheiro son:

  • Cambiar o nome.
  • Cambiar o autor.
  • Cambiar a licenza de uso.
  • Mover o ficheiro a outro directorio.
  • Descargar o ficheiro (baixar).
  • Borrar o ficheiro (eliminar).
Propiedades do ficheiro
Imaxe 1.4.5 Propiedades do ficheiro

Repositorios

Os repositorios en Moodle permiten subir ficheiros dende o ordenador a Moodle ou incorporar ficheiros dende outros repositorios externos como Flickr, Google Drive, Dropbox, Alfresco, Picasa...

Moodle facilita uns repositorios por defecto a tódalas persoas usuarias:

  • Enviar un ficheiro. Para subir ficheiros dende o ordenador (ten límite de peso).
  • Ficheiros do servidor (ficheiros locais). Dá acceso aos ficheiros publicados en tódolos cursos de Moodle aos que a persoa usuaria ten permisos suficientes para acceder.
  • Ficheiros recentes. Mostra os 50 últimos ficheiros subidos.
  • Ficheiros privados. Mostra o cartafol persoal da persoa usuaria.
Repositorios dispoñibles
Imaxe 1.4.6 Repositorios dispoñibles

Como funciona?

Hai dous lugares onde se almacenan ficheiros:

  • O cartafol privado que ten cada persoa usuaria. Eses ficheiros non os pode ver ninguén máis que a propia persoa usuaria.
  • Dentro dunha actividade ou recurso, quedando almacenados no repositorio Ficheiros do servidor (ficheiros locais).

Tanto se engadimos un ficheiro ao cartafol de ficheiros privados como se engadimos un ficheiro no curso (Activar edición -> Engadir unha actividade ou un recurso -> recurso ou actividade), ao pulsar sobre a icona Engadir... ábrese unha nova xanela que permite escoller o Repositorio onde se atopa o ficheiro:

Para subir un ficheiro dende o ordenador, hai que escoller Enviar un ficheiro:

  1. Pulsar Examinar para escoller o ficheiro que temos no ordenador.
  2. Escribir o nome co que se desexa gardar en Gardar como.
  3. Escribir o Autor do ficheiro e seleccionar a súa Licenza.
  4. Para finalizar, pulsar Enviar este arquivo.


Para seleccionar un ficheiro que xa foi subido anteriormente a un repositorio:

  1. Pulsar sobre o repositorio correspondente. Buscar o ficheiro a través dos cartafoles e pulsar sobre el.
  2. Indicar se se desexa realizar unha copia do mesmo ou só crear unha ligazón a el, se está en Ficheiros do servidor.
  3. Escoller o nome co que se desexa gardar en Gardar como.
  4. Escribir o Autor do ficheiro e o tipo de Licenza.
  5. Para finalizar, pulsar Seleccionar este ficheiro.

Un dos campos necesarios para completar no momento de subir un ficheiro é a Licenza. Estas son as distintas opcións:


Última modificación: luns, 21 de decembro de 2020, 12:25 AM