Referencias webgráficas

Cando se toman contidos dunsitio web ou, simplemente, cando queramos referirnos a unha páxina web, para inserila nunha webgrafía por exemplo, é necesario aportar os datos que identifiquen ese documento e servan para localizalo e acceder a el. E todo dacordo can algún dos estándares exixtentes para citas e referencias bibliográficas. Por exemplo: fíxate na referencia webgráfica dunha páxina:

«La Segunda Guerra Mundial». [En línea]. Disponible en: http://www.claseshistoria.com/2guerramundial/index.html. [Accedido: 09-jun-2015].
 


Wikipedia facilita diferentes estilos de cita para os seus contidos. Para citar un contido tomado desta popular enciclopedia:

  1. Dentro do artigo que queiras citar, navega até o punto exacto que queiras referenciar empregando o índice situado na cabeceira do artigo.
  2. No lateral esquerdo, desprega o menú Ferramentas > Citar esta páxina > (na nova xanela copia un dos estilos e cólao no teu documento)

Google Drive dispón dun complemento, que fai unha función moi similar a Zotero, EasyBib Bibliogrphy Creator. Este vídeo comenta o seu funcionamento:

Princippia. Complementos de Google Drive en educación: Referencias bibliográficas y recursos. En Youtube. Licenza Youtube estándar

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0