Presentación

Importancia da carrocería e reparabilidade

A carrocería dos turismos que actualmente circulan polas carreteras, están formadas por diferentes materiais, a maioría metálicos, sendo estos sobre todo aceiros. Pero mesmo este aceiros son aleacións moi diferentes con distintaspropiedades, adaptándose cada aleación a cada peza con un destino específico na función final no vehículo. As carrocerías actuais son na súa maioría autoportantes (tridimensionais) con tres partes diferenciadas (dianteira, célula de protección de ocupantes e parte trasera). Está deseñada de maneira que ante un golpe se deforme de maneira prevista (deformación programada), absorvendo así toda a enerxía posible antes de que comence a trasladarse aos ocupantes provocando lesións.

Cando resultan danadas estos vehículos, a súa reparabilidade está moi condicionada a manter estas características descritas. Polo que é imprescindible un profundo coñecemento dos materiais e do deseño do vehículo para non repercutir negativamente na seguridade que ofrecen despois dunha posible reparación. 

 Carrocería autoportante con habitáculo "indeformable"

Km77, «Porsche Panamera. Prueba. tecnica, motor, chasis. km77.com.» [En línea].
Disponible en: http://www.km77.com/00/porsche/panamera/2009/t04.asp.  [Accedido: 06-mar-2016].

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0