Un vehículo (do latín vehiculum) é calquera instrumento que serve para transportar persoas, animais ou cousas dun lugar a outro. Pode ser motorizado ou non e circular por calquera medio (terrestre, marítimo ou aéreo).
Trátase frecuentemente dun medio de transporte motorizado, pero a súa finalidade principal non sempre é o transporte: é o caso dos aparellos recreativos, os de obras públicas, a maquinaria agrícola, os enxeños militares...).
As axencias dedicadas á exploración aeroespacial como a Jet Propulsion Laboratory teñen creado vehículos para desprazarse en terreos doutros planetas como o ATHLETE (acrónimo de All-Terrain Hex-Legged Extra-Terrestrial Explorer).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0