Guía para o alumnado

Nesta guía atoparás...

  • Información sobreo os dereitos de autor e as licencias das obras, para que aprendas o básico sobre os dereitos de autor que teñen todas as obras que atopamos en Internet, como imxes, vídeos, presentacións, infografias etc... Tamén podes ver as licenzas mais habituales coas que se publicas esas obras
    • En "Atribuir a propiedade de imaxes, vídeos..." poderás consultar como se deben atribuir as obras alleas que empreguemos nas nosas creacións. Fíxate nos exemplos dispoñibles, pois tí deberás facelo dun xeito parecido.
  • En Buscar e editar imaxes atoparás:
      • ...ligazóns a páxinas web das que podes descargar imaxes para incluilas nas túas obras. Son páxinas que ofrecen gratuitamente imaxes cunha licencia de autor que permite o seu uso sen necesidade de pedir permisos. Eso sí, fíxate sempre nos dereitos que se reserva o seu autor para respetalos.
      • ...
    aplicacións para editar imaxes
       e podlas recortar, cambiarlle o tamaño, eliminar o fondo, fusionar imaxes, eliminar algunha parte da imaxen. Uns videotutoriais ensinaránche como facelo con dúas aplicacións:
      • GIMP, unha aplicación que podes descargar e instalar no teu ordenador.
      • Pixlr, unha aplicación on line, non é necesario instalar nada, que podes usar en cualquer ordenador conectado a internet que teña Flash instalado.
    • Manexaremos información textual atopada en Internet. Ás veces citaremos textualmente, é dicir copiaremos e colaremos. Noutras ocasións basearémonos neses documentos para resumilos, refacelos ou simplemente basearnos neles para elaborar o noso traballo. En ambos casos é necesario e obrigatorio citar á fonte de onde tomamos a información. De non facelo incurririamos en plaxio, é dicir, en tomar a obra doutra persoa e presentala como se fose creación nosa. En Referencias webgráficas aprenderás como debemos atribuir aos seus autores a información que manexemos.
    • Publicaremos as nosas producións dixitais e compartirémolas nun portafolio... así que será necesario aprender a manexar Agueiro, o noso portafolio.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0