Tarefa 1.1. Prediagnóstico de danos estruturais

Prediagnóstico de danos

Realizar co vehículo sobre solo e despois en elevador, unha preavaliación de danos onde se aprecie posible deformación estrutural.

Utilizaremos o compás de varas mecánico ou dixital, información técnica do vehículo, táboas subministradas para a toma de datos.

Reflexión

¿Como decidimos se o vehículo  ímos subir na bancada para a súa reparación? ¿é sempre necesario?

Actividade de lectura

DESENVOLVEMENTO DOS PASOS A SEGUIR PARA REALIZAR UN

PREDIAGNÓSTICO VISUAL

DUNHA COLISIÓN.


A inspección visual comezará afastándose un pouco do vehículo, dando unha volta ao seu arredor, fixándose no estado xeral da carrocería e deducindo como se produciu a colisión e as zonas afectadas. Observe á contra luz os bordos das aletas, as posibles augas do teito e do capó, así como as zonas onde se encontre a pintura saltada.


Compare o plano do chan cos baixos da carrocería e determine se existe un posible retorcemento. Para confirmar esta observación fíxese na distancia existente entre o oco da aleta coa roda e compárea co oco do outro lado.


A continuación, situarse máis preto do vehículo, para observar e medir as distintas folguras e os desniveis existentes entre os elementos da carrocería como: capó, portas, piares, aletas, portón, etc. comparándoas coas cotas do manual de reparación do vehículo.


As portas están suxeitas polas bisagras que, á súa vez, están ancoradas nos piares de forma que, en caso de deformación, as luces entre a porta e os elementos que lles rodean variará. Abra e peche a porta observando o seu desprazamento e que se axusta correctamente, ou asegúrese de que efectivamente existe variación das luces.

Observe de igual forma as luces do capó e do portón traseiro, abríndoo e pechándoo para comprobar que funciona correctamente.


Abra o capó e consulte no manual de reparación os puntos de deformación precalculados que son os primeiros en deformarse durante un accidente. Se xorden dúbidas, pase a man pola zona e confirme se existen dobras ou aboladuras.


Hai que ter en conta que nunha colisión se poden producir danos indirectos como consecuencia da inercia dos obxectos pesados que están ancorados sobre monturas de gomas. Cando se produce unha colisión, o motor, a caixa de cambios e os elementos máis pesados desprázanse en sentido contrario á forza que provoca o golpe, podendo deformar os soportes de ancoraxe ou golpear a zona adxacente. Revise con detemento estas zonas.


Abrir o portón e observar se se produciron danos ocasionados pola equipaxe que, ao igual que no caso anterior, se desprazase por efecto da colisión, golpeando as paredes do maleteiro (Se a colisión foi moi forte, tamén se poden producir deformacións como consecuencia da propia inercia do vehículo, que tende a manter a posición que tiña antes de producirse a colisión. Observe as xuntas de unión entre elementos. Se os seladores se encontran agretados, é síntoma dunha posible deformación ou tensión acumulada.


Se a colisión foi moi forte, non esqueza revisar o habitáculo os propios pasaxeiros puideron provocar danos nos asentos, o taboleiro de instrumentos ou o volante.


Comprobar que o cinto de seguridade funciona correctamente e, se é un vehículo con pretensor pirotécnico, asegurarse de que o seu mecanismo se encontra correctamente, ou pola contra, que saltou.


Elevar o vehículo e revisar os puntos de deformación precalculados. Pase a man polos longueiros e observe se existen aboladuras ou dobras. Sempre é máis doado detectar estes síntomas na zona cóncava, xa que no outro lado aparecerá unha curva máis suave e difícilmente.


Se se observa deformación nos longueiros ou na plataforma, baixe o vehículo e retire as alfombras do habitáculo e do maleteiro para realizar unha inspección visual desta zona na que se pode ocultar danos.

Para aplicar o descrito no texto anterior, durante a trefa de prediagnóstico podemos utilizar as fichas de toma de datos que se subministran.

Estudo de caso

No caso simulado proposto (para o que podemos utilizar un vehículo presente no taller):

Partimos dun golpe frontal-lateral. Onde a primeira inspección visual ofrece unha deformación con rotura de defensa, faro esquerdo, aleta deofrmada, capót e porta dianterira esquerda que perde as cotas de holgura prefixada.

Cubrir a ficha correspondente, collendo todos os datos a recibir no prediagnóstico, co fin de decidir a conveniencia ou non de proceder á reparación con ou sen bancada.