Consideracións importantes para poder obter medias das probas considerando a importancia (peso) que debe ter unha actividade con respecto a outra. 

Isto será en relación a importancia dos CA que están asociados a cada distinta actividade.

Cando se crea no libro de cualificacións unha CATEGORÍAS (carpeta), na configuración da mesma CATEGORÍA DE CUALIFICACIÓN>AGREGACIÓN> seleccionar o tipo de combinación de notas obtidas nas actividades que contén esta categoría (CAL SELECCIONAMOS?

Media ponderada

A cada elemento de cualificación pódeselle dar un peso para cambiar a súa importancia na media xeral. En termos simples, a categoría "total" será igual á suma dos puntajes en cada elemento de cualificación, cada un multiplicado polo seu peso de cualificación, e esa suma dividirase finalmente pola suma de todos os pesos. Isto móstrase no seguinte exemplo (cos mesmos supostos do caso anterior).

    A1: 70 sobre 100 peso 10, A2: 20 sobre 80 peso 5, A3: 10 sobre 10 peso 3, categoría A: nota máxima 100

    A1 -->70/100=0,7, A2 --> 20/80=0,25, A3 -->10/10=1

    A: (0,710 + 0,255 + 1,03)/(10 + 5 + 3) = 0,625 --> 62,5/100 --> 62,5 (de 100)

POLO TANTO ESTA E A OPCIÓN QUE NORMALMENTE DEBEMOS USAR CANDO POÑEMOS TODAS AS PROBAS/TAREFAS COA MESMA PUNTUACIÓN MÁXIMA PERO QUEREMOS QUE CADA UNHA DELAS TEÑA UN PESO (MÁIS OU MENOS IMPORTANCIA) SOBRE O RESTO DE PROBAS/TAREFAS/CATEGORÍAS DO GRUPO (CATEGORÍA SUPERIOR) OU DA ACTIVIDADE, UD, AVALIACIÓN, ETC.

Media simple ponderada

A diferenza coa media ponderada é que o peso de cada elemento é a súa cualificación máxima. Por exemplo, utilizando os mesmos supostos do primeiro caso:

    A1 --> 70/100, A2 --> 20/80 = 0,25 A3 --> 10/10, categoría máx. 100:

    A: (0,7100 + 0,2580 + 1,010)/(100 + 80 + 10) = 0,526 --> 52,6/100 --> 52,6 (de 100)

Cando se utiliza a estratexia de agregación "Media ponderada simple", un elemento de cualificación pode actuar como crédito adicional para a categoría. Isto significa que a cualificación máxima do elemento de cualificación non se agregará á cualificación máxima do total da categoría, pero si a cualificación do elemento. Por exemplo, se A3 está marcado como crédito adicional no cálculo anterior:

    A1 --> 70/100, A2 --> 20/80 = 0,25, A3 (crédito extra) 10/10, categoría máx. 100:

   A: (0,7100 + 0,2580 + 1,010)/(100 + 80) = 0,556 --> 55,6/100 --> 55,6 (de 100)

Se polo contrario, cada vez que deseñamos una tarefa/proba, poñemos que a puntuación máxima a sacar pode ser de 10, 50, 100…, a media ponderada simple, colle o valor máximo posible das probas a calcula a importancia do resto das probas segundo o valor máximo de cada unha respecto ao valor máximo superior da que o teña (do elemento que o teña).

*Esta selección podemos facelo cando creamos a categoría (configurando a mesma) ou no propio libro de cualificacións (despois de tela creada), en AXUSTES e clikando a rodiña da categoría a modificar dita configuración.

Última modificación: domingo, 5 de febreiro de 2023, 9:29 AM