T 01-02 Ejercicio 01-01-14
Resolver el ejercicio a imagen y semejanza de como se hizo en la desmostración teórica, escanearlo, generar un único archivo pdf, y entregarlo en la bandeja.
Descrición da actividade
Obxectivo
Esta tarefa ten por obxectivo a reducción de acoplamentos de compoñentes resistivos acoplados en circuitos mixtos aplicando os procedementos de redución axeitadamente. Deste xeito contribuiremos a mellorar as competencias necesarias para unha simplificación de acoplamentos de resistencias que permitan obter o valor da resistencia equivalente.
A tarefa consiste en aplicar os procedementos de redución de xeito enlazado ou escalonado tantas veces como sexa preciso ata obter o valor da resistencia equivalente do acoplamento.
Desempeños:
- Calcula os valores das reducións parciais redibuxando o circuito cada vez, situando unha resistencia co valor calculado entre os puntos correspondentes ao conexionado do conxunto reducido.
- Fai as comprobacións oportunas despóis de cada cálculo para descartar resultados imposibles.
- Sube todo o anterior nun só documento a resolución da tarefa, en formato pdf, arrastrándoo á tarefa.
Indicadores de logro:
- Aplicáronse axeitadamente os procedementos de reducción de acoplamentos, mantendo a orde e limpeza no desenvolvemento.´ (4 puntos).
- Destacáronse os resultados de cálculos intermedios e o final na marxe dereita dentro dun recadro. (1 puntos).
- Redibuxáronse os circuitos intermedios de xeito proporcional representando sobre eles o referenciado dos compoñentes. (4 puntos).
- Escaneouse a solución da tarefa e entregouse no formato solicitado e dentro do prazo estabrecido. (1 puntos)
Cualificación da tarefa:
Escala....................................................................... 0 a 10 puntos