
Un vehículo está formado por miles de pezas e centos de conxuntos mecánicos. Durante o proceso de fabricación,unha minuciosa montaxe transforma os miles de pezas soltas, que de forma individual realizan unha función especifica, nun vehículo autopropulsado.
Os compoñentes fixos dun vehículo están unidos mediante procesos de soldadura e adhesivos estruturais. En reparación da carrozaría, o desmonte dos elementos fixos realízase destruíndo o sistema de fixación. A carrozaría ou o chasis son os compoñentes ou elementos fixos máis importantes do vehículo.
Os compoñentes amovibles pódense desmontar sen destruír a peza e atópanse fixados á carrozaría con parafusos, remaches, grapas e pegamentos non estruturais.
A maioría das compoñentes duns vehículos son amovibles como: Puertas, Capot, Pilotos, Lúas...
- Teacher: Gabriel Lago Vieira

- Course creator: marta vazquez presas
- Teacher: Andrea Lago
