IMPORTANTE. Esta información vai dirixida exclusivamente ao alumnado que no curso 25/26 foi alumno do CIFP Montecelo
ALUMNADO RÉXIME ORDINARIO que estivo matriculado en 1º curso no 25/26
1) ALUMNADO QUE PROMOCIONA A 2º CURSO (ORDINARIO)
Presentar na oficina do centro o ANEXO I (ED519A, entregará o titor xunto co boletín de notas) debidamente cuberto o 23 de xuño xunto co pago do seguro escolar (en efectivo e cantidade exacta) (alumnado menor de 28 anos – 1,12 euros):
- Graos Superiores: de 10:00 h a 11:00 h
- Graos Medios : de 11:00 h a 12:00 h
- Graos Básicos: de 12:00 h a 13:00 h
IMPORTANTE. Esta información vai dirixida exclusivamente ao alumnado que no curso 25/26 foi alumno do CIFP Montecelo
ALUMNADO RÉXIME ORDINARIO que estivo matriculado en 1º curso no 25/26
1) ALUMNADO QUE TEN QUE REPETIR 1º CURSO (ORDINARIO, ciclos medios e superiores)
Debe participar de novo no proceso de admisión mediante o procedemento establecido vía web en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ e presentala(*) nun centro público de FP de Galicia no prazo establecido entre o 15 e o 30 de xuño. O alumnado que non teña promoción a segundo curso terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte pero deberá solicitar de novo a admisión vía web. A solicitude crearase a partires da entrega das notas finais do curso (23 de xuño)
Á hora de facer a reserva de praza na aplicación deberá marcar a casilla de alumno repetidor de 1º curso.
Unha vez admitido o alumno/a repetidor deberá matricularse no centro dende o día 10 de xullo ás 9:00 ata o 15 de xullo ás 13:00h. En caso de non facelo, perderá a praza. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De escoller esta última opción, deberá abonar o seguro escolar en setembro no primeiro día do curso lectivo (alumnado menor de 28 anos – 1,12 euros, en efectivo e cantidade exacta).
Prazos establecidos para facer a matrícula conforme ao calendario establecido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (ver info na web da Consellería)
IMPORTANTE. Esta información vai dirixida exclusivamente ao alumnado que no curso 25/26 foi alumno do CIFP Montecelo
ALUMNADO RÉXIME ORDINARIO que estivo matriculado en 1º curso de FPB no 25/26
1) ALUMNADO QUE TEN QUE REPETIR 1º CURSO (FPB)
Deberá entregar a solicitude de matrícula que lle entregará o titor co boletín de notas finais, asinada polos responsables no caso de ser menor de idade. Coa solicitude fará o pago do seguro escolar (1,12€ en efectivo e cantidade exacta)
O prazo de entrega da solicitude é ata o 30 de xuño ás 13:00h. Despois desa data non se lle reservará a praza.
IMPORTANTE. Esta información vai dirixida exclusivamente ao alumnado que no curso 25/26 foi alumno do CIFP Montecelo
ALUMNADO RÉXIME ORDINARIO que estivo matriculado en 2º curso no 25/26
1) ALUMNADO QUE REPITE 2º CURSO (ORDINARIO)
Presentar na oficina do centro o ANEXO I (Procedemento ED519A, entregará o titor xunto co boletín de notas) debidamente cuberto xunto co pago do seguro escolar (alumnado menor de 28 anos – 1,12 euros, en efectivo e cantidade exacta). A entrega da documentación farase preferiblemente nas seguintes datas:
- 2º CFPGS: mércores 17 de xuño
- 2º CFPGM: xoves 18 de xuño
- 2º CFPGB: venres 19 de xuño
De non entregar a solicitude de matrícula na data fixada, poderá entregarse ata o 30 de xuño ás 13:00h.
IMPORTANTE. Esta información vai dirixida exclusivamente ao alumnado que no curso 25/26 foi alumno do CIFP Montecelo
ALUMNADO RÉXIME MODULAR (PRESENCIAL E DISTANCIA)
1) ALUMNADO QUE CONTINÚA A CURSAR NO RÉXIME MODULAR (PRESENCIAL OU DISTANCIA) MÓDULOS QUE NON SEXAN FCT/PROXECTO
1.- Confeccionar a solicitude de admisión vía web en www.edu.xunta.gal/ciclosadmision e atender as instrucións que se dan ao finalizar a solicitude (en canto á entrega, ou non, nun centro educativo de FP para a súa validación) . É importante que solicite a baremación por módulos xa superados do ciclo, e baremación da vida laboral actualizada, no caso de tela. Deben crear a solicitude a partires do 23 de xuño, xa que antes non estàn dispoñibles para baremación os módulos xa aprobados.
2.- Prestar atención ás actualizacións de estado da súa solicitude na propia aplicación de ciclosadmision (Non hai listaxes, cada solicitante debe comprobar a súa solicitude).
3.- Reservar os módulos adxudicados e matricularse no prazo correspondente á súa adxudicación.
Seguir as instrucións e prazos establecidos conforme ao seguinte calendario.

INFORMACIÓN ADMISIÓN/MATRÍCULA ALUMNADO 2026-2027
ALUMNADO QUE SOLICITA PRAZA EN FCT/PROXECTO/FORMACIÓN EMPRESA (1º PRAZO)
• 1 – 3 SETEMBRO: Solicitude de praza mediante instancia xenérica (presencial no centro, pode facerse mediante persoa autorizada)
• 4 SETEMBRO: Baremación de solicitudes nos ciclos nos que haxa máis solicitudes que prazas cos seguintes criterios:
1. Alumnado que cursase módulos do ciclo no CIFP Montecelo
2. Antigüidade na obtención do Acceso a FCT
3. Expediente académico
• 4 SETEMBRO: ADXUDICACIÓN PRAZAS
• 7 – 8 SETEMBRO: MATRÍCULA
• A partires do 9 SETEMBRO: Comezo da FCT/FE na empresa