Expedición de títulos de ciclos medios e superiores
Para a tramitación da súa titulación académica, deberá pagar as taxas correspondentes (sempre despois de que lle fagan entrega das súas cualificacións finais, boletín de notas) e entregar a seguinte documentación na oficina do centro en horario de 09:00h a 14:00h ou enviar a documentación ao correo: administración.cifp.montecelo@edu.xunta.gal.
Documentación a entregar:
- Copia do DNI, NIE, …
- Xustificante do pagamento das taxas por expedición de títulos (seguir o procedemento indicado no adxunto, pago de taxas despois da entrega de notas correspondente)
- Titulación de acceso ao ciclo formativo (ESO, bacharelato, outro ciclo,…)
Para o pagamento das taxas debe seguir os pasos do documento anexo.