
Titoría do Ciclo Medio de FP Dual de Posimpresión e acabamentos gráficos.
Curso para o intercambio de documentación e información co alumnado.

Módulo profesional: Habilidades comunicativas en lingua estranxeira - Inglés. Código: ZMO0002 .
Contidos básicos: Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa básica en lingua estranxeira requirida, para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

Módulo profesional: Impresión en flexografía. Código: ZMP0879.
Contidos básicos: Preparación da forma impresora. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental. Regulación da bobina do soporte. Regulación dos corpos impresores. Entoación e rexistro do impreso. Desenvolvemento da tiraxe. Axustes dos acabamentos realizados en liña. Aplicación da limpeza e o mantemento da máquina. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Módulo profesional: Guillotinaxe e encartadura. Código: ZMP1214.
Contidos básicos: O obxectivo principal deste módulo é que @ estudante adquira as habilidades necesarias para operar correctamente guillotinas e encartadoras. @s estudantes aprenderán a:
Preparar e axustar guillotinas e encartadoras, configurando os parámetros adecuados para realizar con precisión as operacións de corte e encartado.
Executar os procesos de guillotinado e encartado, corrixindo defectos e axustando as máquinas de acordo con os estándares de calidade.
Aplicar medidas de seguridade, tanto na prevención de riscos laborais como na protección ambiental durante a operación.
Levar a cabo o mantemento preventivo das máquinas, seguindo as indicacións do fabricante e cumprindo coas normativas de seguridade.
Este módulo asegura que @s estudantes estean capacitados para traballar con eficiencia e seguridade na área de guillotinado e pregado.

Módulo profesional: Encadernación en grampa. Código: ZMP1215.
Contidos básicos: Este módulo profesional, con unha duración de 99 horas, céntrase na encadernación con grampa, unha técnica fundamental no ámbito das artes gráficas. O obxectivo é que o alumnado adquira as competencias necesarias para axustar, sincronizar e operar as máquinas de encadernación, así como para realizar o control de calidade do produto final.
Ao superar este módulo, acreditarás a unidade de competencia UC0926_2: Axustar parámetros, sincronizar equipos e efectuar encadernación con grampa, ademais da UC0200_2 sobre seguridade e calidade no proceso gráfico. A formación é aplicable na produción de revistas, catálogos, folletos, talonarios e outros produtos encadernados con grampa.

Este módulo ten como obxectivo que o alumnado desenvolva as competencias necesarias para realizar operacións de troquelado en diferentes soportes, utilizando correctamente as ferramentas e máquinas, mentres se aplican normas de seguridade, prevención de riscos laborais e protección ambiental. @s estudantes aprenderán a:
- Preparar o troquel, identificando os seus elementos e características técnicas.
- Regular a troqueladora, optimizando a alimentación, transporte e saída.
- Realizar axustes nivelando presións.
- Troquelar pregos impresos mantendo os estándares de calidade.
- Realizar a limpeza e o mantemento preventivo da troqueladora, seguindo as normativas de seguridade.
Este módulo asegura que @s estudantes poidan operar de forma eficiente e segura no ámbito do troquelado

Módulo profesional: Materiais para postimpresión. Dual.
Código: ZMP1218.
Contidos básicos: Materiais laminares (Papel e plásticos), cartón e o seu uso en envase e embalaxe, adhesivos, vernices e tintas, flexografía (tintas e forma impresora), limpeza, recollida selectiva de lixo e prevención de riscos laborais.

Módulo Profesional: Elaboración de tapas e arquivadores. Código: ZMP1220
Contidos básicos: Fabricar, estampar e rematar tapas e arquivadores, utilizando os materiais, adhesivos e máquinas propias do sector da encadernación e dos acabados gráficos.

