Que se aprende a facer? Realizar as actividades de axustes mecánicos, entoación e rexistro da imaxe, para a produción de impresos por sistemas convencionais (offset, flexografía e serigrafía) ou por medios dixitais, controlando e mantendo as máquinas e os equipamentos auxiliares, para obter a produción coa calidade e nos tempos establecidos, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Módulo profesional: Habilidades comunicativas en lingua estranxeira - Inglés. Código: MO0002 .

Contidos básicos: Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa básica en lingua estranxeira requirida, para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

Módulo profesional: Afondamento nas competencias profesionais. Código: MP0003.

Módulo profesional: Inglés profesional (GS). Código: MP0179. 

Contidos básicos: O módulo de Inglés profesional terá como finalidade o desenvolvemento de competencias que capaciten para a comunicación e o desenvolvemento profesional en contextos progresivamente plurinacionais e de mobilidade.

Módulo profesional: Impresión dixital. Código: MP0869. 

Contidos básicos: Execución de ficheiros informáticos. Normalización de ficheiros informáticos. Configuración do procesador de imaxe ráster (RIP). Preparación das materias primas e os consumibles. Preparación da máquina de impresión dixital. Realización da tiraxe na máquina de impresión dixital. Realización do mantemento preventivo da máquina.

Módulo profesional: Preparación e regulación de máquinas offset. Código: MP0877. 

Contidos básicos: Valoración do fluxo de traballo. Regulación do paso de papel na máquina. Regulación do corpo impresor. Preparación das baterías de tintaxe e molladura. Regulación dos dispositivos de acabamento. Aplicación do mantemento preventivo á máquina de impresión offset. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Módulo profesional: Desenvolvemento da tiraxe offset. Código: MP0878.

Contidos básicos: Rexistro do impreso. Entoación do impreso. Avaliación do primeiro prego ok. Limpeza da máquina. Riscos e medidas de seguridade. Tiraxe de impresión offset.

Módulo profesional: Impresión en flexografía. Código: MP0879. 

Contidos básicos: Preparación da forma impresora. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental. Regulación da bobina do soporte. Regulación dos corpos impresores. Entoación e rexistro do impreso. Desenvolvemento da tiraxe. Axustes dos acabamentos realizados en liña. Aplicación da limpeza e o mantemento da máquina. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Módulo profesional: Impresión en serigrafía. Código: MP0880. 

Contidos básicos: Realización do procesamento de pantallas de serigrafía. Elaboración da pantalla dixital. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental. Regulación da máquina de serigrafía. Entoación e rexistro do impreso ok. Desenvolvemento da tiraxe en serigrafía. Realización da limpeza e mantemento da máquina de serigrafía. Aplicación de normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Módulo profesional: Preparación de materiais para impresión. Código: MP0882. 

Contidos básicos: Preparación do papel. Preparación doutros soportes de impresión. Preparación de pantallas e fotopolímeros de flexografía. Colocación da forma impresora de offset. Preparación da solución de molladura. Preparación de tintas. Preparación de cores especiais.

Módulo profesional: Impresión en baixorrelevo. Código: MP0883.

Contidos básicos: Regulación do corpo impresor de rotogravado. Realización do rexistro e a entoación do impreso en rotogravado. Realización da tiraxe en rotogravado. Preparación e regulación da máquina de tampografía. Realización da tiraxe en tampografía. Realización da limpeza e o mantemento preventivo da máquina de tampografía.