
Módulo profesional: Habilidades comunicativas en lingua estranxeira - Inglés. Código: MO0002 .
Contidos básicos: Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa básica en lingua estranxeira requirida, para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.
Módulo profesional: Afondamento nas competencias profesionais Código: MO0003
Contidos básicos: No C.S. de Deseño e XESTIÓN da produción gráfica, o obxectivo será suplir as carencias do currículo en materia de xestión de proxectos. Ademais, en coordinación co titor do grupo e co equipo docente, prantexarase como módulo de apoio para o Proxecto Fin de Ciclo.

Módulo profesional: Inglés profesional (GS). Código: MP0179.
Contidos básicos: O módulo de Inglés profesional terá como finalidade o desenvolvemento de competencias que capaciten para a comunicación e o desenvolvemento profesional en contextos progresivamente plurinacionais e de mobilidade.

Módulo profesional: Materiais de produción gráfica. Código: MP1417.
Contidos básicos: Caracterización dos soportes de impresión. Establecemento das características das formas impresoras, tintas, vernices e colas. Determinación dos tratamentos superficiais dos materiais. Valoración do cumprimento dos criterios de calidade dos materiais. Identificación dos materiais e provedores. Xestión do aprovisionamento dos materiais. Planificación das condicións de almacenamento dos materiais de produción.

Módulo profesional: Organización dos procesos de preimpresión dixital. Código: MP1478.
Contidos básicos: Recoñecemento das fases do proceso de preimpresión. Organización do proceso de tratamento de imaxes. Organización do proceso de tratamento de textos e compaxinación. Elaboración da folla de ruta. Organización de grupos de traballo en preimpresión. Elaboración dun plan de mantemento e limpeza. Aplicación de procedementos de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. Recoñecemento das fases do proceso de preimpresión. Organización do proceso de imposición e obtención da forma impresora. Organización do proceso de tratamento de imaxes. Organización do proceso de imposición e obtención da forma impresora. Organización de grupos de traballo en preimpresión. Elaboración dun plan de mantemento e limpeza.
Módulo profesional: Deseño de produtos gráficos. Código: MP1479.
Contidos básicos: Documentación do proxecto gráfico. Organización do proxecto gráfico. Planificación da fase de deseño. Elaboración de bosquexos dixitais. Creación de maquetas e artes finais dixitais. Desenvolvemento dun proxecto gráfico.
Módulo profesional: Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela. Código: MP1480.
Contidos básicos: Aplicación de técnicas de comunicación na empresa gráfica. Elaboración do plan de márketing de produtos e servizos gráficos. Organización do servizo de atención á clientela da empresa gráfica. Xestión do servizo gráfico e de vendas de produtos gráficos. Xestión de queixas e reclamacións na empresa gráfica. Desenvolvemento do servizo posvenda na empresa gráfica.


