
Ámbito: Ciencias aplicadas I Código: AM3009
Contidos básicos: Destrezas científicas básicas. Sentido numérico. Sentido da medida. Sentido espacial. Sentido alxébrico. Sentido estocástico. A materia e os seus cambios. A enerxía. O corpo humano e a saúde. Sentido socioafectivo.

Ámbito: Comunicación e sociedade II Código: MP3012
Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa. Interacción en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades contemporáneas. Valoración das sociedades democráticas.

Ámbito: Ciencias aplicadas II Código: AM3010
Contidos básicos: Destrezas científicas básicas. Sentido numérico. Sentido da medida. Sentido alxébrico. Sentido estocástico. A materia e os seus cambios. As interaccións e a enerxía. A Terra como sistema e o desenvolvemento sustentable. Sentido socioafectivo.

Módulo profesional: Atención á clientela Código: MP3005
Contidos básicos: Atención á clientela. Venda de produtos e servizos. Información á clientela. Iniciativa emprendedora na atención á clientela. Tratamento de reclamacións.

Módulo profesional: Traballos de reprografía Código: MP3124
Contidos básicos: Recepción de encargas-tipo de traballos de reprografía. Iniciativa emprendedora nos traballos de reprografía. Comprobación de orixinais para a súa reprodución. Control do almacén de reprografía. Preparación de equipamentos de reprografía. Reprodución de orixinais e mostras mediante equipamentos de reprografía. Despacho de encargas-tipo de traballos de reprografía. Mantemento de equipamentos de reprografía.

Módulo profesional: Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos Código: MP3125
Contidos básicos: Procesos manuais de manipulación de produtos gráficos. Acondicionamento da área de traballo. Recursos para encadernacións e acabamentos en reprografía.Acabamentos en reprografía. Iniciativa emprendedora no acabamento, a manipulación e a encadernación de produtos gráficos. Encadernación de materiais reprográficos. Procedementos manuais de finalización, manipulación, transformación e encadernación de produtos gráficos.


