Que se aprende a facer? Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

Ámbito: Ciencias aplicadas I  Código: AM3009   

Contidos básicos: Destrezas científicas básicas. Sentido numérico. Sentido da medida. Sentido espacial. Sentido alxébrico. Sentido estocástico. A materia e os seus cambios. A enerxía. O corpo humano e a saúde. Sentido socioafectivo.

Ámbito: Comunicación e sociedade I Código: MP3011   

Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa. Participación en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna. 

Ámbito: Comunicación e sociedade II Código: MP3012   

Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa. Interacción en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades contemporáneas. Valoración das sociedades democráticas.

Ámbito: Ciencias aplicadas II  Código: AM3019   

Contidos básicos: Destrezas científicas básicas. Sentido numérico. Sentido da medida.  Sentido alxébrico. Sentido estocástico. A materia e os seus cambios. As interaccións e a enerxía. A Terra como sistema e o desenvolvemento sustentable. Sentido socioafectivo.

Módulo profesional: Atención á clientela Código: MP3005   

Contidos básicos: Atención á clientela. Venda de produtos e servizos. Información á clientela. Iniciativa emprendedora na atención á clientela. Tratamento de reclamacións.

Módulo profesional: Preparación do contorno profesional Código: MP3060 

Contidos básicos: Imaxe persoal no contorno de traballo. Preparación de instalacións. Recepción de materiais e produtos. Acomodación da clientela. 

Módulo profesional: Preparación do contorno profesional Código: MP3060 

Contidos básicos: Imaxe persoal no contorno de traballo. Preparación de instalacións. Recepción de materiais e produtos. Acomodación da clientela. 

Módulo profesional: Coidados estéticos básicos de uñas Código: MP3061 

Contidos básicos: Preparación de equipamentos, utensilios e produtos de manicura e pedicura. Observación das uñas das mans e dos pés. Aplicación de técnicas básicas de manicura. Aplicación de técnicas básicas de pedicura. 

Módulo profesional: Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua Código: MP3062   

Contidos básicos: Observación das características do pelo. Preparación de equipamentos. Depilación por procedementos mecánicos. Descoloración da peluxe. 

Módulo profesional: Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua Código: MP3062 

Contidos básicos: Observación das características do pelo. Preparación de equipamentos. Depilación por procedementos mecánicos. Descoloración da peluxe.