
Módulo profesional: Habilidades comunicativas en lingua estranxeira - Inglés. Código: MO0002 .
Contidos básicos: Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa básica en lingua estranxeira requirida, para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

O módulo de Afondamento nas competencias profesionais é un módulo optativo que se incorpora nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao medio e de grao superior a partir do curso académico 2025/26 na Comunidade Autónoma de Galicia.
· Finalidade:
o Ten como obxectivo que o alumnado adquira habilidades en ámbitos profesionais específicos.
o Busca facilitar a superación de entrevistas de traballo e o desempeño diario das tarefas profesionais en contextos laborais cada vez máis internacionalizados.
- Contidos específicos:
- Os centros educativos, en coordinación co departamento da familia profesional á que estea asociado o ciclo, poden determinar os seus contidos específicos.
- Estes contidos poden orientarse a:
- Habilitacións profesionais.
- Habilidades brandas (soft skills).
- Aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
- Outra formación propia que complemente o perfil do ciclo formativo

Módulo profesional: Inglés profesional. Código: MP0179. Duración: 60 horas.
Contidos básicos: O módulo de Inglés profesional terá como finalidade o desenvolvemento de competencias que capaciten para a comunicación e o desenvolvemento profesional en contextos progresivamente plurinacionais e de mobilidade.
Módulo profesional: Produción editorial. Código: MP1482.
Contidos básicos: Produción de produtos editoriais e para editoriais (revistas, xornais, etc.). Preparación dos orixinais, contrato de edición e demais lexislación, precio do libro, orzamentos e controis da produción.
Módulo profesional: Deseño estrutural de envase e embalaxe. Código: ZMP1483. Duración: 87 horas.
Contidos básicos: ............................................................

Módulo profesional: Planificación de proxectos editoriais multimedia. Código: MP1484.
Contidos básicos: Tipos de produtos editoriais multimedia. Estrutura, arquitectura dos sistemas e da información. Planificación de proxectos de publicacións electrónicas. Deseño de interfaces de usuario. Proxecto de produto editorial multimedia.
Módulo profesional: Dixitalización aplicada ao sistema produtivo. | Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia. Modular Código: ZMP1665.

Módulo Profesional: Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
Código: ZMP1708 Duración: 30 horas
Contidos básicos: Analízanse os aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) relacionados coa sostibilidade e os retos globais. Promóvese a aplicación de criterios sostibles na vida profesional e persoal, integrando os ODS e a economía circular. Avalíase o impacto das actividades e propóñense accións e produtos responsables no contexto produtivo.

