Información complementaria viveiro de empresas
Section outline
-
-
Nesta guía atoparás as axudas e subvencións para a creación de empresas
-
Nesta páxina atoparás diferentes ligazóns para axudarche na elaboración do plan de negocio da túa empresa.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia. A súa misión é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.
-
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
A través da Rede Eusumo:
- Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
- Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
- Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.
-