Section outline

  • No CIFP contamos cunha bolsa de emprego para poder facilitar ao alumnado que así o desexe contacto con empresas que teñen unha vacante de traballo.

    Toda alumna ou alumno que finalizase os seus estudos de formación profesional no CIFP pode solicitar ser incluído nesta bolsa de emprego. Para iso facilitaremosvos ao finalizar 2º curso unha folla que teredes que cubrir cos vosos datos persoais e académicos. No momento no que unha empresa solicite un traballador ou traballadora co teu perfil de estudos enviarásevos unha mensaxe ou un email cos datos necesarios para que poidades contactar directamente coa empresa. Durante o curso son varias as empresas que contactan buscando algún perfil concreto, polo que vos animo a que vos inscribades na bolsa de emprego!