O módulo MP0212 Características e necesidades das persoas en situación de dependencia impártese no primeiro curso do ciclo medio Técnica/o en atención a persoas en situación de dependencia conforme ao previsto no Decreto 226/2012 do 18 de outubro polo que se establece o currículo do ciclo e no Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro que establece as súas ensinanzas mínimas.

Ten un total de 160 horas distribuidas en cinco sesións semanais e o proceso de ensino aprendizaxe está estruturado para a consecución de catro resultados de aprendizaxe relacionados coa identificación das necesidades de atención asistencial e psicosociais das persoas en situación de dependencia co fin de realizar unha correcta intervención de apoio e asistencia que facilite e promova a autonomía das persoas mantendo sempre unha actitude e respecto e profesionalidade na realización do traballo.