Entendemos por atención e apoio psicosocial o conxunto de actuacións destinadas a manter a capacidade funcional, psicolóxica e emocional das persoas, ou atrasar a súa perda.

Podemos agrupar todas as intervencións de apoio psicosocial a persoas en situación de dependencia en catro grandes bloques:

I) Actuacións destinadas a favorecer o mantemento e a mellora das habilidades de autonomía persoal. (uds 3,4,5)

II) Actuacións destinadas a manter ou rehabilitar as funcións cognitivas e a atención dos trastornos psíquicos. (uds 6,7,8)

III) Actuacións orientadas a promover as relacións sociais entre as persoas usuarias. (uds 9,10)

IV) Actuacións de apoio nas actividades grupos de animación dirixidas ao aproveitamento do lecer e o tempo libre. (uds 11,12)

O módulo MP0212 Características e necesidades das persoas en situación de dependencia impártese no primeiro curso do ciclo medio Técnica/o en atención a persoas en situación de dependencia conforme ao previsto no Decreto 226/2012 do 18 de outubro polo que se establece o currículo do ciclo e no Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro que establece as súas ensinanzas mínimas.

Ten un total de 160 horas distribuidas en cinco sesións semanais e o proceso de ensino aprendizaxe está estruturado para a consecución de catro resultados de aprendizaxe relacionados coa identificación das necesidades de atención asistencial e psicosociais das persoas en situación de dependencia co fin de realizar unha correcta intervención de apoio e asistencia que facilite e promova a autonomía das persoas mantendo sempre unha actitude e respecto e profesionalidade na realización do traballo.