Gráficos ángulo–ángulo ou diagramas de Lissajous

Os gráficos ángulo–ángulo, tamén chamados diagramas de Lissajous, representan o movemento dunha articulación en función doutra, sen incluír o tempo nos eixos.

  • En lugar de ter o tempo no eixo X, ambos eixes amosan valores angulares (por exemplo: flexión da cadeira vs. flexión do xeonllo).
  • Son especialmente útiles para analizar a coordinación entre segmentos corporais en movementos cíclicos como correr, saltar ou nadar.

Que nos amosan?

  • Forma da curva ou lazo → indica o patrón de coordinación entre articulacións.
  • Dirección do trazo → mostra se os movementos están en fase (xuntos) ou desfasados.
  • Área dentro da curva → pode interpretarse como a variabilidade ou desacoplamento entre articulacións.

Por que non é unha función tradicional?

Non cumpre a definición matemática de función porque para un mesmo valor dunha articulación, pode haber dous valores diferentes doutra.

É unha representación paramétrica: as dúas articulacións varían en función do tempo, pero este non se mostra directamente.

Aplicación e exemplo

Este tipo de diagramas pódense xerar con KinoveaDiagramas ángulo-ángulo en Kinovea

Atopei un exemplo no seguinte artigo: Angle-Angle Diagrams in the Assessment of Locomotion in Persons with Multiple Sclerosis: A Preliminary Study