
O obxectivo principal deste curso é mellorar o benestar emocional, físico e social de estudantes e docentes. Para iso, integraranse actividades que impactan positivamente nos circuítos neuronais do benestar, como técnicas de respiración, mellora do sono, xestión emocional, fortalecemento das relacións sociais, motivación e actividades artísticas. As actividades serán breves e poderán realizarse tanto no centro educativo como na casa, ofrecendo ferramentas para o benestar a longo prazo.
- Profesor/a: Marta Paredes Quintas
- Profesor/a: José Antonio Sarmiento Campos