Tav2_UD2. Realizando chamadas saíntes
A seguinte tarefa de avaliación consta de dúas partes. Aínda que se avaliará individualmente, a traves do rexistro de actividade do aplicativo, precisaredes da vosa parella para realizala, xa que teredes que alternarvos os roles de usuaria e teleoperadora para poder executar cada unha de vós as chamadas saíntes.
PRIMEIRA PARTE: Realización das seguintes chamadas con diferentes usuarios do aplicativo:
- Unha de axenda (recordatorio medicación)
- Unha de axenda (recordatorio de cita)
- Unha de axenda (retorno ao domicilio)
- Unha de atención de alarma por corte de enerxía eléctrica.
- Unha de seguimento (de emerxencia pasada)
- Unha de formación e asesoramento (información sobre actividade en fin de semana en base a gustos/características da persoa)
SEGUNDA PARTE.- De cada chamada debes rexistrar toda información relativa a cambios, sucesos, datos de interese sobre a usuaria/o obtida durante a chamada para incorporar á súa ficha. Ademais de programar a seguinte chamada a realizar coa usuaria.
IMPORTANTE: Ao final de cada clase, deixa rexistradas as tarefas realizadas como teleoperadora nunha entrada a este foro, para retomar o traballo pendente na seguinte sesión.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN IMPLICADOS:
CA2.1. Accedeuse á aplicación informática mediante o contrasinal asignado (10%).
CA2.2. Seleccionáronse na aplicación informática as axendas para realizar durante a quenda de traballo (20%).