Ola a todas e todos,
Tan só quedan catro luns para rematar a avaliación polo que a partir de agora será moi importante a asistencia a clase. A continuación explícovos nun calendario como se vai proceder para impartir a Unidade Didáctica 2 e como se vai avaliar:
|
LUNS 2 MARZO |
-Acabaremos de corrixir a Tarefa de Aprendizaxe 1 e faremos algún role playing de Chamadas Saíntes por parellas (como xa fixemos o pasado luns). Abriremos a Tarefa de Avaliación 1, parecida á corrixida. -Seguiremos completando datos de persoas usuarias na Aplicación e explicarei como programar e xestionar as axendas de usuaria, establecendo o traballo individual que terás que realizar na Aplicación no que sería a Tarefa de Avaliación 2. |
|
LUNS 9 MARZO |
-Dedicaranse as dúas sesións a adestrármonos nos diferentes tipos de chamadas saíntes seguindo os protocolos. Este adestramento representará o ensaio para a proba oral que deberedes realizar na quenda correspondente das semanas seguintes |
|
LUNS 16 MARZO |
-Exame oral a 4 parellas. Cada unha realizará 2 chamadas saíntes (cada persoa fai de teleoperadora e despois de usuaria) coa axuda dos datos contidos na Aplicación. Ide organizándovos para escoller día. |
|
LUNS 23 MARZO |
-Exame oral a 4 parellas. Cada unha realizará 2 chamadas saíntes (cada persoa fai de teleoperadora e despois de usuaria) coa axuda dos datos contidos na Aplicación. Ide organizándovos para escoller día. |
A data da segunda avaliación é o 27 de marzo polo que, unha vez configuradas as quendas e establecidos os prazos non será posible pospoñer tanto o exame como o traballo a realizar co Aplicativo. A semana que vén definiremos as parellas para poder realizar o traballo de simulación e posterior exame. As parellas, salvo criterio docente, non serán modificables, xa que é o mellor para que poidades adquirir as competencias.
Un saúdo.
Serxio.