Tav1_UD1. Comprobación de terminais e dispositivos
Resolve por parellas o seguinte suposto:
Amalia Álvarez Gallego, de 82 anos vive co seu home Emilio López Pérez de 84, na parroquia compostelana da Peregrina. Hoxe unha técnica instaladora da vosa cooperativa achégase á súa casa para realizar no domicilio de ambos a instalación dun Terminal fixo de Teleasistencia e unha serie de dispositivos auxiliares e periféricos no seu domicilio (unha pulseira UCR, un detector de presenza na porta de entrada da casa e un sensor de enuresis).
Elabora un guión e gravade a conversa entre usuaria e instaladora así como as 2 chamadas entrantes que se efectuarán desde o domicilio, seguindo as accións que se describen no Protocolo o máis detalladas posibles.
Recursos para a realización da Tarefa:
- Recursos Complementarios>Periféricos.pdf e Manual de terminais.pdf
- Recursos Complementarios>Nº2 Protocolo de instalación.pdf
Entrega
- Subide o arquivo en formato mp3 coa seguinte denominación: nomes e apelidos_Tav1_UD1.pdf
- As entregas realizadas fóra de prazo serán consideradas suspensas e terán que ser recuperadas nun momento posterior.
Esta tarefa está relacionada coa avaliación do CA1.6 Comprobáronse os terminais e os dispositivos auxiliares dos servizos de teleasistencia.