Tarefa de Aprendizaxe 1 (Tap1_UD1)
Formades parte dunha cooperativa de Técnicas de atención a persoas en situación de dependencia e decidistes que ides montar un servizo de teleasistencia para a provincia da Coruña. Polo que debedes investigar os requisitos a cumprir seguindo as "Normas xerais da Teleasistencia".
Elaborade un panel informativo de unha soa páxina para explicarlle ao resto de socias da cooperativa o que implicaría montar o servizo.
Emprega letreiros que destaquen as características principais (que, a quen, como e cando é de axuda o servizo), as súas funcións, componentes e estrutura (que modalidades ten, con que profesionais e recursos conta...) e aqueles requisitos que vos chamen a atención.
Poñédelle un nome ao voso servizo de Teleasistencia.
Tentade ser o máis sintéticas posibles e subídeo en PDF na caixa de entrega.