Tav1_UD2. Priorización e personalización de chamadas saíntes.
Esta tarefa consta de dúas partes. Cada unha avalía un respectivo C.A.
PARTE 1:
Le o apartado 4 da Unidade. A continuación le o seguinte suposto e trata de definir os casos en función do tipo de chamada e indica a prioridade na orde de chamada que establecerías de acordo cos criterios estudados.
Son as 8:00 e acabas de empezar o teu turno na sala de operacións do servizo de Teleasistencia. Xustifica e ordena de máis a menos prioritarias estas chamadas saíntes e clasifica o tipo de chamada a realizar:
-
Tes que informar a dona Antonia, de 69 anos, sobre a organización de eventos e actividades culturais no seu entorno. Atopaches unha viaxe para a terceira idade que se realiza desde o centro sociocultural do seu barrio. Hoxe pola mañá é o último día para apuntarse.
-
Señora de 78 anos con Parkinson en fase inicial. Vive co seu marido. Onte foi ao médico para axustar a dose dos medicamentos para o tratamento da súa enfermidade.
-
Persoa de 75 anos de idade. Vive soa. Está datado para hoxe ao mediodía o seu regreso dunha viaxe do IMSERSO e que mantivo en baixa temporal o servizo durante dúas semanas.
-
Persoa de 83 anos. Vive soa e non conta cunha rede social ampla. Diariamente acode ao seu domicilio unha traballadora do servizo municipal de axuda no fogar para a hixiene diaria. Hoxe é o seu aniversario.
PARTE 2:
Le os apartados 5.2, 5.3 e 5.4 da UD2 e ademais este documento dos Recursos Complementarios.
A continuación propón en forma de listado, algunhas recomendacións específicas aplicada a un dos casos anteriores, o que ti prefiras.
Para ampliar coñecementos podes ler tamén o MANUAL PARA PERSOAL DA CENTRAL DE TELEASISTENCIA da CV, concretamente os apartados 6 e 7.
Criterios de avaliación relacionados:
| CA2.3 Programáronse as chamadas en función do número, o tipo e a prioridade establecida no protocolo | |||
|---|---|---|---|
| CA2.8. Argumentouse a valoración do uso dunha linguaxe apropiada á persoa que recibe a chamada saínte. |