A Escola de Canteiros nos medios de comunicación

Por admin, 9 Febreiro, 2024
A Escola de Canteiros nos medios

Nestas últimas semanas, acudiron á Escola de Canteiros de Poio varios medios de comunicación para observar de primeira man, documentar e divulgar a formación que se imparte no noso centro.

Así, acudiu La Sexta Noticias para realizar unha reportaxe sobre a Escola, ao ser un centro único no múndo, e falaron con Lolo Coia, con Adrián Otero, e con alumnos e alumnas.

Arquivo de vídeo

Imaxe do alumno Diego Rodríguez:

 

Tamén viu TVE, xa que emitiron un especial sobre escolas con oficios tradicionais, e seleccionaron A Escola de Canteiros. Podedes ver a nova neste enlace: https://www.rtve.es/play/videos/aqui-hay-trabajo/escuelas-para-relevo/15946138/

Igualmente, e con motivo das xornadas Falando Arxina e a celebración da festividade anual da Santa Lucía, a Radio Galega entrevistou ao artista Manolo Paz e á coordinadora Lucía Espiño. Podedes escoitar a entrevista neste enlace:

https://agalegaaudio.gal/videos/111492-xornadas-arredor-da-canteria/

 

 

E xa finalmente, nos pasados días saíu este especial no Faro de Vigo edición Pontevedra:

 

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/02/04/oficio-pasion-labrar-granito-97719356.html?end-checkout=true

 

Moitas grazas a todos os medios polo seu interese na Escola de Canteiros! 

Imaxes das reportaxes emitidas por televisión: