Celebración da festividade anual Santa Lucía e XORNADAS FALANDO ARXINA

Por admin, 4 Xaneiro, 2024
Apertura das xornadas a cargo da directora xeral de Formación Profesional María Eugenia Pérez, o alcalde do Concello de Poio Ángel Moldes, e a coordinadora da Escola de Canteiros, Lucía e

A ESCOLA DE CANTEIROS DE POIO ORGANIZA AS XORNADAS CULTURAIS “FALANDO ARXINA” CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA SANTA LUCÍA, PATROA DA ESCOLA

  •    A actividade, aberta ao público en xeral, incluirá conferencias e mesas redondas con importantes artistas plásticos de recoñecido prestixio

 

  •    As xornada festiva terá lugar o día 13 de decembro nas instalacións da Escola de Canteiros, na Caeira, en Poio, de 17:30 a 19:30, e continuará o día 14 no mesmo horario

 

Xoves, 7 de decembro de 2023

 

Con motivo da festividade anual da patroa da Escola de Canteiros, Santa Lucía, celébrase este curso académico un acto de celebración aberto ao público en xeral, sendo unha ocasión inmellorable para coñecer o centro. O evento leva por nome “Falando arxina, encontros culturais na Escola de Canteiros de Poio”, en referencia á linguaxe propia dos canteiros. 

 

O obxectivo destas xornadas culturais é promover o coñecemento sobre a cantería e difundir o papel da Escola como centro de formación de referencia no sector, ofrecéndose a opción de visitar as instalacións da Escola a todas as persoas interesadas na materia.

Preténdese tamén propiciar a reflexión entre a cidadanía en torno á escultura contemporánea e ás artes plásticas con novos formatos, posibilitando o debate a través das mesas redondas cos diversos axentes especializados.

 

Os encontros realizaranse os días 13 e 14 de decembro, en horario de 17:30 a 19:30. O mércores día 13 dedícase a escultura en pedra e a intervencións en arquitectura histórica, sendo os artistas convidados son Manolo Paz, José Manuel Castro e Alejandro Muelle, e tendo  lugar tras finalizarse o coloquio, a celebración da festividade.

O xoves día 14 acudirán Ana Soler, Sergio Portela e Celeste Garrido, centrándose esta xornada na diversificación da escultura de cara á novos formatos e disciplinas.