O alumnado de bacharelato do instituto A Xunqueira visitou as instalacións da Escola

Por admin, 12 Xuño, 2018
O alumnado de bacharelato do instituto A Xunqueira visitou as instalacións da Escola

A deputada de emprego, Montserrat Magallanes, recibiu na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra a visita das mozas e mozos que cursan o bacharelato de Artes no instituto A Xunqueira. Tanto o alumnado como o profesorado que asistiu puideron coñecer de primeira man os traballos que as alumnas e alumnos da Escola de Cantería desenvolvan ao longo do ano e as experiencias de colaboración que teñen en diferentes países do mundo.

Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola de Cantería son eminentemente prácticos, por iso as saídas e visitas de estudos forman parte integral do proxecto educativo do centro. Froito desta formación práctica, moitas das obras de arte, como cruceiros, monólitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas, que levan a cabo as alumnas e alumnos están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigas alumnas e alumnos están a traballar na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como a desenvolver actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago ou Westminster en Londres e de construción da Sacra Familia de Barcelona.