Por admin, 22 Decembro, 2020

A deputada delegada de Centros Educativos, Noemí Outeda, acompañada do alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, e do cura párroco de Albeos, asistiu esta mañá á descuberta da escultura dedicada a San Paio, unha das últimas creacións da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, e que foi instalada no adro desta igrexa do século XII.

Por admin, 19 Novembro, 2020

A Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mos asinaron o convenio de colaboración para a doazón da escultura da Costureira pertencente á exposición "D'Pedra", co fin de difundir o patrimonio histórico-artístico e poñelo en valor. A peza de granito, elaborada polo alumno da Escola de Cantería Jonathan Mariñas García, conta cunhas medidas de 145 x 90 x 100.

Por admin, 12 Novembro, 2020

Importante paso adiante para a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. O alumnado poderá completar os seus estudos coa obtención de dous certificados de profesionalidade en "Elaboración de pedra natural" e "Obras de artesanía e restauración en pedra natural", despois de que a Consellería de Emprego e Igualdade notificara por fin esta semana a resolución favorable á solicitude formulada pola institución provincial o pasado mes de agosto.

Por admin, 15 Outubro, 2020

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra foi por terceiro ano consecutivo a encargada de elaborar os galardóns do V Festival de Cinema Inclusivo de Vigo. As pezas escultóricas, que elaborou o centro dependente da institución provincial, entregaranse este sábado 17 de outubro para premiar a mellor curtametraxe, longametraxe, documental e webserie inclusiva, no marco do acto de clausura do festival integrado nos Rías Baixas Film Fest.