
Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional.
Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe, é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións en coordinación con outros módulos "xestión de proxectos de cine, vídeo e multimedia" e "xestión de proxectos de televisión e radio", deste ciclo, e, nomeadamente, co módulo "xestión de proxectos de espectáculos e eventos", así como con outros módulos doutros ciclos da familia profesional que desenvolvan as funcións de planificación da realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos e de televisión, fundamentalmente. Todo isto sempre que o poidamos facer debido a que se oferten e ao tempo que lle quede ao profesor debido a gran carga de traballo docente (catro módulos que está a impartir e unha titoría en distancia ademais da cantidade de documentación burocrática que se pide en distintas plataformas).
Desenvolve as funcións correspondentes á planificación de proxectos de espectáculos en vivo, dentro do proceso de produción de espectáculos en vivo e, en concreto, dos subprocesos de produción de proxectos de espectáculos de artes escénicas, musicais e eventos.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), n), ñ), o) e r) do ciclo formativo,
a) Valorar os códigos expresivos e comunicativos que conflúen na produción de programas audiovisuais, espectáculos e eventos, analizando a súa estrutura funcional e as súas relacións, para deducir as características formais e expresivas dos proxectos.
b) Relacionar as características dos recursos humanos, técnicos e materiais que interveñen na produción de proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos, coas necesidades específicas dos proxectos, para proceder á súa desagregación.
c) Avaliar a distribución en fases dun proxecto audiovisual, espectáculo ou evento, valorando estratexias que optimicen tempos, recursos, custos e calidades, para planificar a súa produción.
d) Valorar os custos de produción derivados da posta en marcha de proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos, diferenciando as características das formas e das fontes de financiamento, para elaborar orzamentos.
e) Distinguir as características dos contratos dos recursos humanos, técnicos e artísticos necesarios na produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, valo- rando as súas funcións e responsabilidades na realización do proxecto, para xestionar a súa selección e contratación.
f) Distinguir as características dos contratos de recursos técnicos, materiais, espaciais e loxísticos, valorando as características do seu aprovisionamento e a for- ma de obtención, para planificar a súa dispoñibilidade en cada fase do proxecto audiovisual, espectáculo ou evento.
n) Interpretar a lexislación en materia reguladora dos medios de comunicación, espectáculos e eventos, analizando as súas repercusións na xestión da produción de proxectos, para garantir a aplicación do marco legal ao proxecto audiovisual, espectáculo ou evento.
ñ) Diferenciar os usos de programas, dispositivos e protocolos relacionados co uso das tecnoloxías da información e da comunicación propios do sector audiovisual e dos espectáculos, analizando as súas características e as súas posibilidades, para a súa aplicación na xestión dos proxectos.
o) Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe relacionados coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.
p) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presenten nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
q) Tomar decisións fundamentadas, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.
r) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.
A competencia xeral do título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos consiste en planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas.
e as competencias a), b), c), d), e), f), n), ñ), o) e q).
a) Deducir as características formais e expresivas dos proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos, a partir da análise da súa documentación técnica, cumprindo os obxectivos previstos para a súa realización.
b) Desagregar os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para a produción de proxectos audiovisuais, de espectáculos e de eventos, determinando as súas características específicas para a súa posterior consecución.
c) Planificar a produción dos proxectos, establecendo as fases, optimizando tempos, recursos, custos e calidades, coa autonomía e a eficacia requiridas.
d) Calcular os custos de produción de proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos para realizar orzamentos, avaliando as formas e as fontes de financiamento idóneas segundo as características do proxecto, e contribuíndo á análise da súa viabilidade.
e) Xestionar a selección e a contratación dos recursos humanos, técnicos e artísticos, asegurando a súa idoneidade e a súa dispoñibilidade, nos tempos previstos no plan de traballo audiovisual ou no plan de comercialización e explotación do espectáculo ou evento.
f) Xestionar e organizar a dispoñibilidade e o aprovisionamento de recursos técnicos, materiais, espaciais e loxísticos, asegurando a subministración, a súa idoneidade e o seu funcionamento, e elaborando o programa de contratacións, compras, construción e alugamentos.
n) Aplicar o marco legal que regula os medios de comunicación, espectáculos e eventos, cumprindo e facendo cumprir a lexislación.
ñ) Aplicar as ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación propias do sector no desempeño das tarefas, manténdose continuamente actualizado.
o) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.
q) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade, supervisando o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos de grupo que se presenten.
Para conseguir que adquirades a polivalencia necesaria é conveniente que se traballedes coas técnicas de planificación de proxectos de espectáculos e eventos de diferentes tipos (teatro, danza, ópera, concertos ao aire libre, mitins, etc.).
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos han versar sobre:
-
Realización dun proxecto de produción dun espectáculo en vivo e evento.
-
Elaboración de desagregación de recursos da produción dun proxecto de espectáculo en vivo ou evento.
-
Planificación da produción segundo o tipo de espectáculo ou evento.
-
Elaboración do orzamento de produción segundo a tipoloxía do espectáculo ou evento, a estimación de custos e ingresos e a memoria económica.
-
Características particulares do contorno produtivo galego referido á produción de espectáculos en vivo e eventos.
- Profesor: Arturo Bermejo Rubio