O módulo estrutúrase arredor do desenvolvemento dun proxecto de animación persoal do alumnado, que serve de fío condutor ao longo de todas as unidades didácticas. O módulo permite conceptualizar dende a idea inicial ata a creación dunha animática completa, integrando debuxo, narrativa audiovisual, modelado, deseño de personaxes, escenarios e atrezo, e composición sonora básica.