
Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.
A función de análise do contexto inclúe as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.
A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas, concretando os aspectos salientables para a súa reali- zación. Inclúe as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.
A función de organización da execución inclúe as funcións de programación de activi- dades, xestión de recursos e supervisión da intervención.
As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da pro- dución de son para radio, discografía, audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión e novos medios), espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos) e montaxe de infraestruturas fixas ou efémeras de sonorización en recintos coutados.
Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.
- Profesor: Arturo Bermejo Rubio