Á crise quédanlle aínda dous anos Os economistas coinciden en que haberá que esperar cando menos ao 2014 para ver o fin do crac Aspectos negativos da crise: Desemprego Perda de poder adquisitivo da clase obreira dos funcionarios dos mandos intermedios Familias sen ingresos Desesperación colectiva Aspectos positivos da crise: Unión da sociedade ante unha etapa gris Aprender a facer máis con menos Ser máis solidarios Islandia: outra saída da crise Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional. Aínda que non é un país membro da Unión Europea, o exemplo islandés serve como referencia de participación democrática cidadá no actual contexto de tensións económicas e financeiras na zona Euro, con especial atención cara países como Grecia, Portugal, Irlanda, Italia e España. O impulso democrático islandés contrasta notoriamente coa preponderancia dos designios políticos e económicos emanados das elites comunitarias á hora de acometer os cada vez maiores problemas socioeconómicos europeos, intensificando o descrédito e a desconfianza cidadá ante a clase política europea.