Inicio

CURSIÑO DE CAPACITACIÓN

Ola, técnicos/as de son:

Espero que desfrutedes do voso novo posto de traballo. Pero antes de empezar, vexamos que tal vos dades traballando con este editor de son. Non é unha labor fácil, pero ´resulta moito menos complexa do que parece cando traballas nela. Trátase do Audacity. Imos aló cun vídeo titorial para ir entrando en faena!

Tarea

O vídeo que acabas de ver é un vídeo titorial dun programa de edición de sons, o Audacity. Coma puideches comprobar ten moitísimas aplicacións, pero nós imos a ir ao básico. A túa tarefa final, consistirá simplemente en engadir música a unha pista audio de voz, de xeito que te inicies nesta tarefa tan apaixoante.

Pero antes que nada, imos ver se estiveche atento a este vídeo titorial...

Coñezo todo sobre o Audacity.

Contesta ás seguintes preguntas antes de empezar co proceso de edición:

Pregunta 1

Para importar un audio no Audacity, debo ir a pestana que di "GENERAR".

Pregunta 2

A opción da lupa, sérvenos para ampliar unha zona do audio.

Pregunta 3

Co Audacity non podemos seleccionar un anaco de pista.

Pregunta 4

Coa ferramenta da frecha podemos mover unha sección no tempo.

Pregunta 5

Coa ferramenta de envolvente podo baixar o volume dunha soa pista para que se escoite con maior intensidade outra que a acompañe.

Pregunta 6

Coa opción desvanecer progresivamente, podo facer que a miña pista comece escoitándose moi baixo e vaia subindo a intensidade progresivamente.

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0