Recursos do módulo
| Sitio: | Aula Virtual do Centro de Formación e Recursos de Vigo |
| Curso: | V2101014 Enriquecemento audiovisual para a aula virtual |
| Libro: | Recursos do módulo |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | martes, 2 de decembro de 2025, 11:08 PM |
Táboa de contidos
- 1. Aspectos xerais da interacción nas teleconferencias
- 2. Compartir pantalla e anotar e escribir mentres explico
- 3. Participación dos asistentes en Webex
- 4. Gravar unha reunión sen que aparezan os participantes
- 5. Realizar cuestionarios e sondeos
- 6. Outras aplicacións que melloran a interacción
- 7. Traballar dende unha tablet
- 8. "Fatiga Zoom" e outros aspectos a ter en conta nunha teleconferencia
- 9. Onde buscar máis recursos
1. Aspectos xerais da interacción nas teleconferencias
As teleconferencias chegaron á nosa actividade docente da man da pandemia e chegaron de repente, polo que a maioría de nos lazámonos atrevidamente a elas sen coñecementos sobre a plataforma que estamos a empregar. Neste módulo imos tratar de afondar nas posibilidades que a propia plataforma Webex nos ofrece para poder aproximar máis as nosas conferencias a unha clase real (non nos enganemos, so podemos aproximarnos: as clases presenciais son insubstituíbles). Imos, ademais, enriquecer a plataforma empregando dúas aplicacións de pizarra dixital para o traballo colaborativo.
Que imos aprender a facer nunha teleconferencia?

- Explicar empregando diapositivas, pequenos vídeos...
- Explicar empregando unha pizarra (sempre e cando teñamos unha tablet ou dispoñamos dun encerado dixital)
- Preguntar á nosa audiencia mediante:
- Mans levantadas
- Chat
- Enquisas rápidas (anónimas ou nominais).
- Chatear individualmente con aqueles estudantes que o precisen.
- Permitir que o alumando tome a palabra e explique empregando diapositivas, vídeos) ou comparta o material realizado co resto da aula.
- Realizar pequenos traballos en grupo (dividindo a sala de teleconferencia en tantos grupos como queiramos e "paseando entre os grupos"
- Realizar murais colaborativos (empregando ferramentas dixitais que non precisen do rexistro do alumnado), listas...
- Establecer tempos limitados de traballo para que o alumnado sexa quen de organizarse.
Aínda que ao longo destas páxinas podedes ver titoriais en vídeo onde vos explico estas funcións vos deixo tamén a ligazón coas diapositivas que vou empregar na sesión de teleconferencia que teremos:
2. Compartir pantalla e anotar e escribir mentres explico
Esta é a función principal de calquera plataforma de teleconferencia. Sempre podemos compartir a pantalla do noso ordenador, pero ademais podemos escribir encima da nosa pantalla para enriquecer a explicación.
Cando quero compartir o son do meu ordenador coa audiencia
Como punto especial temos que fixarnos que, si o que queremos é compartir o son do noso ordenador co alumnado, debemos fixarnos no modo de Compartir pantalla que escollemos. Neste vídeo vos explico como configurar este modo para que se escoite o son do noso ordenador na teleconferencia.
3. Participación dos asistentes en Webex
Durante unha conferencia podemos controlar:
- O audio e vídeo dos participantes.
- Os permisos destes participantes na sala.
- Que participantes solicitan intervención (podemos ordenalos por petición de palabra)
- Chatear en grupo ou de maneira individual con cada participante
- Dividir aos participantes en pequenos grupos para que realicen tarefas.
Todo isto podemos velo no seguinte vídeo:
4. Gravar unha reunión sen que aparezan os participantes
Gravar as teleconferencias para que o alumnado que non está presente poida aproveitar a sesión é unha boa práctica, pero topamos co problema de protexer a identidade do noso alumnado. Para solventar este problema podemos configurar a nosa sala de Webex para que soamente grave a nosa intervención.
5. Realizar cuestionarios e sondeos
Podes realizar sondeos para pasar lista, para preguntar pequenas cuestións sobre o que estás a falar. Interactuar cos participantes é moi importante para manter a súa atención.
6. Outras aplicacións que melloran a interacción
Cando queremos que o alumnado participe máis activamente nunha reunión podemos empregar moitas outras ferramentas. Vou sinalar dúas ferramentas moi básicas, escollidas principalmente polas súas características e porque non precisan de rexistro algún por parte do alumando, polo que son moi rápidas de empregar e poden ser empregadas en todos os niveis educativos.
https://fastboard.io
Pizarra interactiva que funciona sen necesidade de ningún rexistro por parte do alumnado. Pódese gardar o resultado en jpg
Para comezar a traballar so hai que darlle nome ao taboleiro e compartir a ligazón co alumnado:

https://slice.wbrain.me/
Crea taboeiros colaborativos (board) sen necesidade de rexistrarse, no que o alumnado pode escribir, e valorar as aportacións dos demais e listas (lists), que tamén poden ser valoradas e traballadas en común.


7. Traballar dende unha tablet
Se queremos poder empregar unha pizarra para escribir tal e comofacemos en clase precisamos contar cunha tablet e cun lápiz óptico.

Hai algunhas aplicacións para Android que poden facilitarche o uso da tablet nas teleconferencias. Neste vídeo explícoche as seguintes:

8. "Fatiga Zoom" e outros aspectos a ter en conta nunha teleconferencia
Non soamente no ámbito docente estamos a empregar as teleconferencias. Estas plataformas están sendo empregadas por amplos sectores da sociedade e todos estes sectores estamos a descubrir non so as potencialidades deste medio senón tamén os seus problemas.
Non quero despedir este capítulo sen recomendar a lectura de algúns dos puntos que se están a debatir na nosa sociedade acerca dos principais problemas das teleconferencias e como solventalos.
"A fatiga Zoom"
Con ese nome se denomina á sensación de esgotamento asociado ao uso intensivo das teleconferencias. Intentar analizar as causas deste esgotamento e axudar ao noso alumando a prepararse para as teleconferencias é unha labor que non debemos esquecer.
Vos deixo unha ligazón a un artigo da revista Xataka que vos pode servir para empezar a indagar neste tema.
Consellos para facer as reunións por teleconferencia máis interactivas
Temos que acudir ao mundo das empresas que están tamén a empregar as teleconferencias . Podedes atopar unha chea de artigos sobre o tema en internet. Velaquí un moi sinxelo do que podemos extraer varias ideas para as nosas clases.
Mellorando a interacción nas teleconferencias
Cando se trata de ferramentas de innovación tecnolóxica sempre me gusta acudir ao blog de Enrique Dans. Neste artigo, dende un punto de vista máis universitario, nos conta como mellora el as teleconferencias.
9. Onde buscar máis recursos
Todos os días aparecen multitude de ferramentas novas que poden enriquecer a nosa intervención en clase e as nosas teleconferencias. Para estar ao día e coñecer estas novas ferramentas vos aconsello seguir a Ingrid Mosquera en twitter: @imgende ou seguir o seu blogue: https://teachingandlearningspain.blogspot.com/.
Acudindo ao seu canal de Youtube poderás atopar minititoriais de todas as aplicacións e ferramentas novas que podes empregar: https://www.youtube.com/user/imgende/playlists

