1. Contidos

1. A propiedade intelectual

1.1. Tipos de licenciamento

Unha vez definidos os conceptos asociados á propiedade intelectual cómpre vérmonos os tipos de licenciamento existentes. Existen varios marcos legais que permiten regular o licenciamiento dos contenidos e que veremos a continuación.

En todo caso, a pregunta que nos temos que facer é a seguinte: como podo indicar que quero permitir determinados usos das miñas obras?
Para indicar que quero permitir determinados usos das miñas obras utilízanse as licenzas, que non deixan de ser permisos (autorizacións) aos que facemos referencia para definir eses usos.

Existen licenzas pechadas, como un contrato privado entre o autor e o usuario final, onde pode existir un beneficio económico. Outras veces a xestión destes contratos realízanse contra entidades de xestión que funcionan a modo de intermediario entre autor e usuario final. Pero tamén existen licenzas libres, onde o autor indica no momento da divulgación da súa obra que calquera pode realizar determinados usos das obras.

Licenzas libres

Son licenzas que defenden un uso máis libre e compartido das obras e outorgan aos autores a posibilidade de non exercer todos os dereitos de explotación previstos na lei de propiedade intelectual: poden establecer os seus propios límites permitindo aos autores ter un maior control sobre o dereitos das súas obras e unha xestión máis sinxela. Deste xeito, proporcionan aos usuarios un mellor acceso ás obras e o seu uso con menos restricións.

Entre as licenzas libres tamén hai licenzas chamadas Copyleft, moi utilizadas en informática, que garanten o dereito de calquera usuario a usar, modificar e redistribuír unha obra sempre que compartan as obras derivadas que van crear cun igual ou equivalente licenza.

En xeral, as licenzas libres máis usadas para diversos traballos creativos son as chamadas licenzas Creative Commons.

Tipos de licenciamento

Copyright: é o tipo de licenciamento asociado por defecto ao autor do contido. Garántelle ao autor o dereito patrimonial de explotación.

Copyleft: permite a libre distribución de copias e versións modificadas dunha obra ou outro traballo, esixindo que os mesmos dereitos sexan preservados nas versións modificadas. Aplícase a programas informáticos, obras de arte ou calquer tipo de obra rexida polo dereito de autor.

Considérase que unha licencia libre é copyleft cando, ademais de outorgar permisos de uso, copia, modificación e redistribución da obra protexida, contén unha cláusula que dispón unha licencia similar ou compatible ás copias e ás obras derivadas.​ 

Dominio público: adóitase abreviar como PD (do inglés, public domain).​

  • É a situación na que quedan as obras literarias, artísticas ou científicas (o que inclúe programas informáticos) ao expirar o prazo de protección do dereito de autor. ​
  • Cada lexislación nacional contempla un número de anos contados desde a morte do autor para que estes dereitos expiren. En España, é de 70 anos (80 para os falecidos antes de 1987).
  • Implica que as obras poden ser explotadas por calquera persoa, pero sempre respectando os dereitos morais dos seus autores, pois o que expira son os dereitos de autor de carácter patrimonial.​

Licencias Creative Commons (CC): derivan de Copyleft e proporcionan mecanismos xurídicos para garantir que o autor do material reciba recoñecemento pola súa obra, permitindo que o devandito material sexa compartido e adaptado ou, ao contrario, impedindo o seu emprego para actividades comerciais ou a súa modificación.​​ O autor que somete a súa obra a unha licenza Creative Commons retén a titularidade sobre a mesma, pero consinte – a través da licencia – ceder algúns deses dereitos.

  • O modelo CC ten en conta varias normas de dereito de autor en diferentes países e sistemas xurídicos e está dispoñible en varios idiomas​​.
  • CC dispón dun xerador de licencias a partir de preguntas sobre o uso dunha obra, e suxire cal é a licencia máis axeitada. ​
  • Beneficios:
    • Con esta licencia asegúrase que co contido compartido continúase atribuíndo o recoñecemento ao autor orixinal.​
    • Ao compartir contidos libremente, o plaxio pode ser detectado máis rápido, pois os materiais orixinais son de fácil acceso.​

Creative Commons dispón de 4 elementos de licencia que determinan as condicións para o licenciamento da obra.

Recoñecemento (Attribution). Non se permite o uso das obras sen a referencia aos autores, polo que o recoñecemento é sempre obrigatorio.
Non comercial (NC): O autor non autoriza o uso comercial das súas obras.
Sen obras derivadas (ND): O autor non autoriza a transformación das súas obras.
Compartir Igual (SA): A explotación da obra só se autoriza sempre que, o usuario (seguinte autor) manteña a mesma licenza na divulgación da súa obra.

Coa combinación dos tres elementos de licenza sobre os que o autor pode establecer autorizacións (NC, ND e SA), pódense construír seis licenzas diferentes.

Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.

Recoñecemento - NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.

Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución destas debe realizarse con unha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

Recoñecemento - CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución debe facerse con unha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.

 

O licenciamento CC0?

Unha licencia CC0 é unha Licencia Creative Commons de dominio público, ou sexa, Sen Dereitos Reservados. Esto quere dicir que podes:

  • Utilizala para emprego persoal ou comercial.
  • Podes copiala, modificala ou distribuíla.
  • Todo isto, sen pedir permiso nin dar atribución de ningún tipo.

Basicamente, podes facer o que queiras con ela, xa que é de dominio público. Está pensada como unha licencia máis para aqueles autores que desexen renunciar á xestión de todos os dereitos da súa obra para que ésta entre en Dominio Público antes do previsto pola lei. Iso si, nunca poderemos atribuirnos a autoría desa creación.

Máis información: https://creativecommons.org/publicdomain/zero/1.0/deed.es_ES

Documento de axuda en Genial.ly

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas de Creative Commons, baixo licencia CC BY 4.0
Iconas de Copyleft, Copyright extraídas de Wikimedia Commons, con dominio público CC0