1. Contidos

2. A protección de datos na docencia

Qué é a protección de datos?

A Protección de Datos de Carácter Persoal é un dereito fundamental que teñen todas as persoas físicas para garantir a súa vida privada e supón o control e poder de disposición da información relativa á súa esfera tanto pública como privada. Garántese polo artigo 18.4 da Constitución Española.

O dereito á protección de datos persoais e a nosa privacidade permítenos saber quen trata os nosos datos persoais, cómo e para qué.

Un dato de carácter persoal é toda información que se refira a unha persoa física identificada o identificable, é dicir, un apelido, un nome, unha fotografía, un dni, ...

A lexislación, do que trata en resumo, é de garantirlle a todo cidadán que pode protexer a súa intimidade e privacidade fronte a posibles vulneracións, así como a ser o dono dos datos cedidos a empresas ou terceiros.

A normativa indica que debemos dar un consentemento expreso, para que un terceiro poida tratar os nosos datos persoais. Este consentemento pode tomarse como válido se temos 14 anos ou máis. En caso contrario son os responsables da patria potestade do menor os que deben expresar este consentemento.

Para o tratamento dos datos persoais do alumnado nos centros educativos, enténdese que este consentemento está xustificado polo exercicio da docencia en base á matrícula efectuada no centro ou administración educativa (de todos modos deberíase informar destes aspectos no propio impreso ou formulario de matrícula).

Normativa de aplicación

A continuación expóñense un par de referencias normativas. Existe, non obstante, bastante xurisprudencia ao respecto, xa que se tratan de normas bastante recentes, están vinculadas co cambiante mundo das TIC e a súa problemática e casuística vai en aumento. Tamén temos máis normativa e xurisprudencia no tocante ao dereito á intimidade, o honor, ...

Recursos

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do portal tudecideseninternet, baixo licencia CC BY 4.0