Recursos do módulo
1. Aspectos xerais da interacción nas teleconferencias
As teleconferencias chegaron á nosa actividade docente da man da pandemia e chegaron de repente, polo que a maioría de nos lazámonos atrevidamente a elas sen coñecementos sobre a plataforma que estamos a empregar. Neste módulo imos tratar de afondar nas posibilidades que a propia plataforma Webex nos ofrece para poder aproximar máis as nosas conferencias a unha clase real (non nos enganemos, so podemos aproximarnos: as clases presenciais son insubstituíbles). Imos, ademais, enriquecer a plataforma empregando dúas aplicacións de pizarra dixital para o traballo colaborativo.
Que imos aprender a facer nunha teleconferencia?

- Explicar empregando diapositivas, pequenos vídeos...
- Explicar empregando unha pizarra (sempre e cando teñamos unha tablet ou dispoñamos dun encerado dixital)
- Preguntar á nosa audiencia mediante:
- Mans levantadas
- Chat
- Enquisas rápidas (anónimas ou nominais).
- Chatear individualmente con aqueles estudantes que o precisen.
- Permitir que o alumando tome a palabra e explique empregando diapositivas, vídeos) ou comparta o material realizado co resto da aula.
- Realizar pequenos traballos en grupo (dividindo a sala de teleconferencia en tantos grupos como queiramos e "paseando entre os grupos"
- Realizar murais colaborativos (empregando ferramentas dixitais que non precisen do rexistro do alumnado), listas...
- Establecer tempos limitados de traballo para que o alumnado sexa quen de organizarse.
Aínda que ao longo destas páxinas podedes ver titoriais en vídeo onde vos explico estas funcións vos deixo tamén a ligazón coas diapositivas que vou empregar na sesión de teleconferencia que teremos:
