Que podo utilizar como docente?

Norma xeral

infografía qué puedo hacer
Cedec. ¿Qué puedo hacer con los materiales en la red? (CC BY-SA)

Docentes

Na seguinte infografía recóllense todas as posibilidades.

qué puedo incluir
Cedec. Qué puedo incluir en un recurso educativo (CC BY-SA)

Utilización de material alleo en clase

A continuación ilustramos todas as posibilidades con outra infografía.

Qué puedo hacer
Cedec. Qué puedo hacer en mis clases (CC BY-SA)

No caso dos libros de texto ou manuais só se poden realizar actos de reprodución para a comunicación pública e o propio acto de comunicación pública sempre que non supoña a posta a disposición dea obra ou fragmento ao alumnado nin permita o acceso á mesma, indicando ademais a localización na que se pode acceder licitamente á obra. Esto significa que podemos facer por exemplo unha fotocopia dun fragmento para amosalo en clase pero non repartir as fotocopias entre o alumnado. Tamén podemos amosalo a través dun aula virtual pero non enviar a obra por correo electrónico porque estaríase dando acceso á mesma.

Alumnado

As excepcións de ilustración de actividades educativas diríxense unicamente ao profesorado, polo que o alumnado tenría que rexirse pola norma xeral á hora de utilizar os materiais dispoñibles, tal e como vimos na primeira infografía ("Materiais dispoñibles na rede"). Tamén poden acollerse ao resto de limitacións e excepcións recollidas na LPI, como o dereito de cita, sempre que cumpran as condicións e requisitos establecidos.

Por outra parte, un/unha alumno/a que realiza un traballo que cumpre as condicións para ser obxecto da LPI (creación orixinal literaria, artística ou científica, expresada por calquera medio ou soporte) terá, como calquera outro creador, todos os dereitos de explotación reservados. Por tanto, para facer calquera acto de reprodución, transformación ou comunicación pública do mesmo hai que solicitar permiso expreso do/a alumno/a.

En calquera caso, consideramos fundamental que o alumnado coñeza a normativa sobre os dereitos de autor e as licenzas de uso e publicación da información, que forman parte das Competencias Clave a desenvolver polo alumnado, concretamente en relación á Competencia dixital, tal e como sinala a Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato. Non só é necesario para que coñeza que materiais pode utilizar, senón tamén como licenciar os materiais que cree él mesmo, xestionando os seus dereitos como autor de forma axeitada e contribuíndo de forma consciente á cultura libre.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0