Outras licenzas

Licenza Youtube

Hai plataformas que teñen a súa propia licenza aplicable aos materiais que teñen aloxados, como por exemplo Youtube. Ao subir un contido a esta plataforma, o usuario pode asignar dous tipos de licenza: a licenza YouTube estándar e a licenza Creative Commons BY. A diferencia fundamental está en que no primeiro caso solo se permite a visualización do vídeo a través da plataforma e non pode ser modificado nin reproducido noutras plataformas sen o permiso do autor. Sin embargo, coa licenza CC BY o vídeo pode ser utilizado, modificado e redistribuído por outros usuarios, sempre que se mencione autor e fonte adecuadamente.

Acceso aberto

Por último, imos aclarar o concepto de "acceso aberto", xa que en moitas ocasións confúndese co concepto de  "dispoñible". O acceso aberto require non só que o material esté dispoñible gratuitamente na rede, senón que ademáis permita que calquera usuario "poda ler, descargar, copiar, distribuír, imprimir, buscar ou ligar os textos completos destos artigos, ou utilizalos para calquera outro propósito legal, sen barreiras financieiras, legais ou técnicas distintas das fundamentais á propia conexión a Internet" (Wikipedia).

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0