Licenzas abertas
Licenzas abertas
Os dereitos de autor, por tanto, implican que o autor se reserva todos os dereitos de explotación da obra, mentras que no caso de Dominio Público non se reserva ningún. As licenzas abertas supoñen un termo medio entre estes dous extremos, que facilitan o feito de que os usuarios podan explotar unha obra allea en certa medida e baixo certas condicións sen necesidade de esperar a que expiren os dereitos sobre a mesma nin ter que solicitar autorización expresa ao autor.
![]() |
Licenza Copyleft: Esta licenza garante que os usuarios podan utilizar, modificar e redistribuir todas as versións modificadas dunha obra sempre e cando se manteñan as mesmas condicións de utilización e difusión. Desta forma asegúrase que esa obra sempre seguirá sendo libre. |
|
|
|
![]() |
Licenzas Creative Commons (CC), ofrecen un sistema baseado en 6 licenzas con distintos niveis de restrición e distintas condicións de aplicación, de forma que un autor poda elixir en función das súas necesidades. Estas licenzas represéntanse coas iniciais CC dentro dun círculo. |
Condicións
O sistema de licenzas CC baseáse en 4 condicións para a cesión dos dereitos de explotación dunha obra:
|
Recoñecemento (Attribution - BY) |
Debe recoñecerse a autoría da obra de maneira adecuada. | |
|
Non Comercial (Non Commercial - NC) |
Non se permite a utilización da obra para fins comerciais. | |
|
Sen obras derivadas (Non Derivate Works - ND) |
Non se permite a distribución de obras derivadas baseadas nela. | |
|
Compartir Igual (Share Alike - SA) |
Si se crea unha obra derivada, debe distribuirse baixo a mesma licenza que a obra orixinal. |
Todas as licenzas CC son igual de abertas?

.png)
