Dominio Público
Dominio Público
No outro extremo atopamos as obras de Dominio Público, obras sen limitación de dereitos de explotación, é dicir, obras dispoñibles para o seu uso, transformación e distribución para calquera fin, sempre que se respecte a autoría e a integridade da obra (art. 41 LPI). Polo tanto, aínda que unha obra pase a Dominio Público e non esté suxeita a dereitos de explotación, o creador nunca perde a súa condición de autor. Podemos utilizala sen necesidade de recoñecer a súa autoría, pero non podemos facela pasar por obra propia.
Entre as obras en Dominio Público atopamos:
- Obras con dereitos de explotación caducados, unha vez pasado o prazo de tempo estipulado na LPI, en términos xerais, a vida do autor máis 70 anos, art. 26 LPI, (80 años no caso de autores falecidos antes do 7 de decembro de 1987).
- Obras cuxos autores renuncien aos seus dereitos de explotación, por exemplo a través dunha licenza Creative Commons CC0.
O símbolo de Dominio Público soe representarse cunha C de Copyright tachada.