Citar as obras

Exemplos de atribución para materiais CC

É importante que cando se cita un material  se inclúan os seguintes datos:

  • Título
  • Autor
  • Licenza
  • Fonte

Exemplos de como podemos atribuír autoría nunha imaxe CC que utilicemos nun material propio, en función do uso:

Material orixinal

Cando incorporamos un material licenciado con CC no noso traballo sen modificacións, debemos indicar título, autor, fonte e licenza. Neste exemplo, collemos unha imaxe de CC Search creada por Laronga e titulada "Gato boncejando", con licenza CC BY-SA 2.0, para incorporala no noso traballo (material en liña).

gatoLaronga. "Gato bocejando" (CC BY-SA 2.0)

No caso de que fora un material fora de liña, é importante que apareza a URL da licenza:

Gato
"Gato bocejando" de Laronga (CC BY-SA 2.0) https://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0/

Material modificado

Se queremos realizar algunha modificación nun material antes de incorporalo ao noso traballo, debemos indicalo tamén na atribución. Seguindo co exemplo anterior:

gato b/nLaronga. "Gato bocejando" (CC BY-SA 2.0) / Desaturado do orixinal

Obra derivada

No caso de crear unha obra derivada (nova obra a partir doutra), indicarémolo tamén. Seguindo co exemplo anterior:

gato transformadoC. Valdera. "La llamada de la selva" (CC BY-SA 2.0), a partir da obra "Gato bocejando" de Laronga (CC BY-SA 2.0)

Aquí podemos ver  exemplos diferentes de boas prácticas de recoñecemento de autoría

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0